Ábrese o prazo de inscrición no curso "Claves da acción educativa española no exterior", dirixido a funcionarios/as docentes do ensino público non universitario. O curso celebrarase no IES Fontiñas de Santiago de Compostela o 1 e 2 de outubro de 2010.
RECURSO DE CCOO CONTRA A REBAIXA SALARIAL DOS FUNCIONARIOS/AS PÚBLICOS
O DEFENSOR DO POBO, NIN RECORRE NIN RESPONDE A CCOO
O Defensor do Pobo non interporá recurso de inconstitucionalidade fronte ao RDL 8/2010, do 20 de maio, que dispón a rebaixa salarial no sector público, a conxelación de pensións e outras medidas de axuste social, segundo a súa Resolución do 19 de agosto. A institución non entra a avaliar os elementos que, a xuízo de CCOO, son máis substantivos respecto do déficit constitucional deste real decreto lei.
A resolución dá resposta, conxunta e negativa, a un amplo grupo de organizacións sindicais e profesionais, así como a persoas asalariadas do sector público a título individual, que instaron a súa promoción á institución que ten esta competencia entre as súas facultades.
CCOO dirixiu a súa demanda ao Defensor do Pobo co fin de esgotar todas as instancias ao seu alcance, fronte ao recorte inxustificado de dereitos que contén o RDL. Para o sindicato, a resposta negativa confirma a máis recente traxectoria da istitución fronte ás actuacións restritivas dos distintos gobernos en materia de dereitos sociolaborais.
Para soster a súa resolución, o Defensor do Pobo acumula todas as reclamacións presentadas, eliminando da súa valoración os fundamentos máis substantivos que avalan o déficit constitucional do RDL. O sindicato lembra que os fundamentos empregados pola institución para rexeitar a interposición do recurso de inconstitucionalidade son idénticos aos utilizados no 2002 cando o «decretazo» de Aznar, no que o Defensor do Pobo tampouco promoveu o recurso de inconstitucionalidade demandado, obviando os fundamentos esenciais que, xa daquela, deron lugar á STC 68/2007, do 28 de marzo de 2007, pola que se recoñeceu a inconstitucionalidade do mencionado RDL 5/2002, do 24 de maio, de medidas urxentes para a reforma do sistema de protección por desemprego e mellora da ocupabilidade.
CCOO, no seu compromiso coa defensa dos dereitos individuais e colectivos das persoas asalariadas no sector público e pensionistas, desenvolve unha actuación pola vía administrativa e xudicial que, na actualidade, mantén activos miles de recursos e demandas, de carácter colectivo, en todo o estado, co fin de acadar a restitución dos dereitos recortados.
Para CCOO, o recorte de dereitos practicado mediante o RDL 8/2010, nin era necesario nin será útil para consolidar o crecemento económico e impulsar a saída á crise, ademais de contravir a xurisprudencia constitucional na materia.
CCOO CRITICA A FALTA DE NEGOCIACIÓN NA MESA SECTORIAL DA MODIFICACIÓN DE CATÁLOGOS
CCOO-Ensino denuncia a publicación dos novos catálogos de postos e unidades dos centros de EI, EP e EE sen ter sido negociados na Mesa Sectorial. Unha vez máis, a Consellería de Educación amosa un desprezo absoluto polos interlocutores sociais limitándose a impoñer e a non negociar.
PUBLICACIÓN NO DOG DAS LISTAS DE OPOSITORES SELECCIONADOS
No DOG do 23 de agosto publícase a lista de opositores seleccionados do corpo de mestres e de secundaria. No prazo de 20 días naturais deberán presentar ante a CEOU a documentación que se relaciona nas Ordes das respectivas convocatorias de oposición.
TRALA INSISTENCIA DE CCOO, A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN VAI PERMITIR AS PERMUTAS PROVISIONAIS.
Trala insistencia de CCOO-ENSINO sobre o tema de permutas provisionais, podemos afirmar, a día de hoxe, que para este curso a Consellería de Educación sí permitirá as mesmas.
23 de julio de 2010
OPOSICIÓNS 2010
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR APROBADOS/AS OPOSICIÓNS 2010
Hai 5 DÍAS NATURAIS, desde que son publicadas na web da Consellería de Educación as listas de aprobados/as, para cubrir ou modificar, se xa traballaches, a túa petición de vacantes.
Todas aquelas persoas que superaron o proceso selectivo aos diversos corpos docentes e non teñan actualmente habilitada unha conta de correo electrónico coa terminación @edu.xunta.es, recibirán ao longo do día de hoxe (venres 23 de xullo) un sms no seu teléfono móbil co código que permite habilitala.
A través desa conta de correo poderán solicitar os seus destinos provisionais como funcionarios en prácticas accedendo ao servizo CADP
No prazo de 20 días naturais desde que se publiquen no dog as listas de aprobados (soe ser a partir do 20 de agosto) deberás presentar ante a Consellería de Educación:
BORRADORES PLAN DE ESTUDO DE DIVERSAS ENSINANZAS ARTÍSTICAS
A Consellería de Educación presentou os Proxectos de orde pola que se establecen plans de estudos de diversas ensinanzas artísticas. O prazo para facer alegacións remata o 7 de setembro. CCOO-Ensino, en colaboración con docentes destas ensinanzas realizará aportacións para a mellora destes plans de estudos.
O ME PRESENTA OS BORRADORES DOS NOVOS TEMARIOS DE OPOSICIÓN
O Ministerio de Educación presentou os borradores dos temarios das oposicións ao corpo de mestres e ás Escolas Oficiais de Idiomas que entrarán en vigor cando remate o período transitorio establecido pola LOE.
Os temarios para o ingreso no corpo de mestres son distintos que os de adquisición de novas especialidades, o que non ocorre na actualidade.
ADMITIDO O RECURSO DE CCOO CONTRA A REBAIXA SALARIAL DOS FUNCIONARIOS/AS
A Sección Sexta da Sala do Contencioso-Administrativo da Audiencia Nacional, por Resolución do 9 de xullo de 2010, admitiu a trámite o recurso contencioso-administrativo interposto polas federacións de Área Pública de CCOO contra a Resolución de 25 de maio de 2010, da Secretaría de Estado de Facenda e Presupostos, pola que se ditan instrucións en relación coas nóminas dos funcionarios e se actualizan con efectos de 1 de xuño de 2010 as contías das retribucións do persoal ao que se refiren os correspondendes artigos da Lei de Presupostos Xerais do Estado para dito exercicio.
Co recurso contencioso-administrativo presentado ante a Audiencia Nacional, cuxa admisión a trámite celebra CCOO, preténdese dar cobertura xurídica a todo o persoal afectado polo ámbito de aplicación de dita resolución, procurando que os tribunais restablezan os dereitos retributivos das empregadas e empregados públicos á situación anterior a esa decisión gubernativa de "confiscación" dos seus salarios; decisión que CCOO, desde un primeiro momento, considerou absolutamente inconstitucional e contraria aos máis elementais principios xerais do Decreto.
14 de julio de 2010
XUNTANZA COMITÉ INTERCENTROS PERSOAL NON DOCENTE
CCOO CRITICA A POLÍTICA "ECONOMICISTA" DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
Hoxe, 14 de xullo, o Secretario Xeral de Educación recibiu ao Comité Intercentros do que forma parte CCOO. Nesta xuntanza, desde CCOO-Ensino achegámoslle, unha vez máis, ás nosas reivindicacións:
-non ao peche dos comedores escolares no rural,
-non a redución de persoal nos comedores escolares
-aclaración das instrucións dos comedores escolares para o curso 2010-2011.
A contestación do Secretario Xeral limitouse a basear estas accións na ausencia dun maior presuposto que puidera cubrir outras demandas.
Desde CCOO-Ensino esixímoslle á Consellería o compromiso real e efectivo cos servizos públicos de calidade no medio rural. Esiximos unha organización do servizo público de comedores escolares que responda a criterios de calidade e non a medidas “economicistas”.
14 de julio de 2010
MEC: MESA DO ENSINO NON UNIVERSITARIO
MESA NO MEC O 16 DE XULLO PARA TRATAR O PROXECTO DE RD DE ESPECIALIDADES DO CORPO DE MESTRES
CCOO participará na mesa do ensino non universitario do próximo 16 de xullo para tratar o proxecto de Real Decreto polo que se establecen as especialidades docentes do corpo de Mestres.
O ACORDO DE AGRUPAMENTOS MELLORA AS CONDICIÓNS DE TRABALLO DOS MESTRES E MESTRAS
DIMINÚE A RATIO PARA AGRUPAR ALUMNADO DE DIFERENTES NIVEIS E CREA UNIDADES NOVAS CANDO SE SUPERA A RATIO ANTERIOR
Diante das acusacións vertidas nos últimos días, desde CCOO-Ensino queremos convidar aos docentes do ensino público a que analicen por sí mesmos o documento asinado fai un ano coa Consellería de Educación.
CCOO DENUNCIA QUE A CONSELLERÍA INCUMPRE DE XEITO UNILATERAL O ACORDO DE AGRUPAMENTOS
A Federación do Ensino de CCOO denuncia que a Consellería incumpre o Acordo de Agrupamentos que eles mesmos asinaron hai un ano, o 10 de xullo de 2009. A administración presentouse na reunión de hoxe sen datos e limitouse a comunicar que non se producirá a creación de 80 unidades derivadas do Acordo para o curso 2010-2011 nin o incremento de 100 prazas de profesorado.
Ante esta actitude de imposición ditatorial, CCOO levantouse da mesa.
CCOO DÁLLE UN "ROTUNDO SUSPENSO" Á CONSELLARÍA DE EDUCACIÓN
CCOO-Ensino lamentamos que este curso 2009-2010 remate do mesmo xeito que comezou, con pouca negociación e moita imposición. Na rolda de prensa que dimos esta mañá co balance do curso escolar, criticamos a nula vontade negociadora da consellaría nas mesas sectoriais ao longo destes meses que amosa un total desprezo polos interlocutores sociais.
MÁIS DE 10.000 PERSOAS DÉRONLLE UN "NON" ROTUNDO Á REFORMA LABORAL E AOS RECORTES SOCIAIS
Máis de 10.000 persoas percorreron onte, 30 de xuño, as rúas de Santiago de Compostela para dicirlle ao Goberno central que «Así non». Deste modo, rexeitamos rotundamente a reforma laboral e os recortes sociais impostos e os que pretenda aplicar no futuro.
22 de junio de 2010
MESA SECTORIAL
MESA SECTORIAL 30 DE XUÑO DE 2010
ORDE DO DÍA:
1 Decreto polo que se regula a planificación, estrutura, organización e funcionamento da formación permanente do profesorado dos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos
PUBLICACIÓN DO BAREMO PROVISIONAL HOXE MARTES 29 DE XUÑO
Hoxe, 29 de xuño, publícase na web da xunta as puntuacións provisionais do baremo dos opositores ao corpo de mestres, agás da especialidade de Educación Infantil. Ver DOG.
As reclamacións presentaranse a través do correo electrónico (http://www.persoal.primaria@edu.xunta.es) ou ao fax 881999241, empregando o modelo que aparece no portal educativo. Hai 5 días hábiles desde mañá, 30 de xuño, para reclamar.
CCOO E O RESTO DE OOSS DENUNCIAN O FUNCIONAMENDO DA MESA SECTORIAL
CCOO e o resto de OOSS con representación na Mesa Sectorial queremos deixar constancia do noso descontento e desacordo co funcionamento da Mesa Sectorial e solicitamos o traslado da negociación do borrador de "Decreto polo que se regula a planificación, estrutura, organización e funcionamento da formación permanente do profesorado dos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos" para o vindeiro curso.
30 DE XUÑO: MANIFESTACIÓN EN SANTIAGO DE COMPOSTELA CONTRA O DECRETO DO GOBERNO CENTRAL
Como parte dos actos previos á folga xeral do vindeiro 29 de setembro, CCOO e UXT convocaron para o próximo 30 de xuño unha manifestación en Santiago de Compostela contra o decreto do Goberno central para reformar o mercado de traballo e contra os recortes sociais. A manifestación sairá ás 20,00 horas da Alameda ata chegar á Praza das Praterías.
TODAS E TODOS Á RÚA EN SANTIAGO O 30 DE XUÑO! DEFENDE OS TEUS DEREITOS!
DESENCONTRO SINDICAL COA ADMINISTRACIÓN POLA ORDE POLA QUE SE REGULAN OS CENTROS PLURILINGÜES NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA. CCOO segue a manter a postura negociadora pese o inmovilismo e a tozudez da Consellería de Educación
ORDE DO DÍA:
1 Aprobación, se procede, das actas das sesións celebradas os días 26 e 28 de maio
2 Orde pola que se regulan os centros plurilingües na Comunidade Autónoma de Galicia
FOLGA 8 DE XUÑO. NON AOS RECORTES SALARIAIS E SOCIAIS!
ARREDOR DUN 70% DOS EMPREGADOS PÚBLICOS NO ENSINO SECUNDAN A FOLGA CONTRA O PLAN DE AXUSTE DO GOBERNO
Desde CCOO queremos agradecer a todos os traballadores e traballadoras do ensino a súa participación na folga convocada hoxe, 8 de xuño. A súa forza permitirá que os sindicatos teñamos un peso importante nas mesas de negociación. Permitirá que se escoite a voz dos traballadores e non só a voz do capital.
En toda España os datos globais de seguemento da folga son: na universidade, o 90% do profesorado e do persoal de administración e servizos sumáronse ao paro, un 70% do profesorado de Secundaria e un 60% de Primaria.
En Galicia a porcentaxe de participación na folga foi de algo máis dun 50% nos centros educativos e arredor dun 62% no sector da administración pública en xeral.
Para CCOO, as medidas impostas unilateralmente polo Goberno, seguen a ser medidas inxustas, desequilibradas e antieconómicas e poñen en perigo a negociación colectiva e a paz social. O sindicato propón alternativas para saír da crise como son o restablecemento de impostos retirados, establecer un novo tramo no IRPF para as rendas máis altas, recuperar o tipo do 35% no Imposto de Sociedades para certas empresas, mellorar a loita contra o fraude fiscal ou unha reforma laboral que faga do emprego o seu principal obxectivo.
6 de junio de 2010
FOLGA 8 DE XUÑO
FALTA 2 DÍAS! DÍLLE NON Á PASIVIDADE! MOBILÍZATE!
Achegamos aquí dous documentos que recollen as alternativas propostas por CCOO ao Plan de axuste presentado polo Goberno. Son alternativas realistas, xustas e efectivas cara unha saída da crise que non atente contra os dereitos salariais e sociais das persoas!
Non sexas pasivo na defensa dos teus dereitos laborais! Apoia a folga convocada por CCOO! Protesta contra este ataque inxusto e antieconómico!
Hoxe, 4 de xuño, publícanse no DOG os servizos mínimos para a folga do día 8 de xuño. Para os centros educativos establécense os seguintes servizos mínimos:
1 membro do equipo directivo e 1 subalterno/a en cada centro educativo.
1 auxiliar coidador/a en cada centro educativo que non sexa centro de educación especial e no que neste curso teña asignado persoal desta categoría.
O 30% dos auxiliares coidadores/as, ATS e persoal médico nos centros de educación especial.
Non podemos quedar paralizados. Temos que esixir que este esforzo se reparta de xeito proporcional entre todos e todas, que se den garantías de que o esforzo sexa temporal, e de que os empregados públicos recuperemos o noso poder adquisitivo. Por iso é tan importante nestes momentos a nosa mobilización!
MOBILÍZATE O 8 DE XUÑO! TODOS E TODAS Á FOLGA!
26 de mayo de 2010
FOLGA 8 DE XUÑO
A FEDERACIÓN DO ENSINO DE CCOO PRESENTOU O PREAVISO DE FOLGA
A Federación do Ensino de CCOO xunto ao resto de sindicatos presentou nos ministerios de Traballo e Presidencia o preaviso da folga convocada no sector público para o próximo 8 de xuño. Este é o primeiro paso legal preciso para levar a cabo a folga xeral no sector público contra as medidas de recorte do déficit público adoptadas no Real Decreto Lei 8/2010, de 20 de maio.
1º. Aprobación, se procede, da acta da sesión celebrada o día 6 de maio.
2º. Modificación da Orde do 1 de agosto de 1997 pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento do Decreto 324/1996, polo que se aproba o regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria e se establece a súa organización e funcionamento
CCOO REITERA O SEU REXEITAMENTO AO DECRETO PARA O PLURILINGÜISMO
Hoxe, 25 de maio, publícase no DOG o Decreto para o plurinlingüísmo. CCOO-Ensino reitera un rotundo rexeitamento a unha norma que non garante a competencia do alumnado nas dúas linguas cooficiais de Galicia.
POLA DEFENSA DOS SERVIZOS COMPLEMENTARIOS NO RURAL
Onte, 10 de maio, organizamos unha caravana de protestas percorrendo os concellos e centros afectados polo peche de comedores escolares: Calvos de Randín, Baltar, O Bolo e Montederramo.
Desde CCOO seguiremos defendendo, como o fixemos sempre, que os servizos educativos e complementarios sexan xestionados directamente pola Administración, garantindo así a calidade e o carácter público dun servizo fundamental como son os comedores escolares e que afecta directamente a toda a comunidade educativa.
10 de mayo de 2010
A FEDERACIÓN DO ENSINO DE CCOO DEMANDA DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN QUE SE REGULARICEN TODA SAS UNIDADES ESPECÍFICAS DOS CENTROS ORDINARIOS
CCOO DENUNCIA A ACTITUDE DAS PATRONAIS DO SECTOR DA DISCAPACIDADE NA NEGOCIACIÓN DO XIII CONVENIO COLECTIVO XENERAL DE CENTROS E SERVIZOS DE ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADE
CCOO-ENSINO DENUNCIA AS FORMAS COAS QUE A CONSELLERÍA PRETENDE ARRANXAR UN ERRO NO SORTEO DE TRIBUNAIS DE PRIMARIA.
Debido a un erro na aplicación informática durante o sorteo de tribunais para os procesos selectivos do corpo de mestres, moitos dos membros de ditos tribunais non son elixibles porque non están impartindo a especialidade este curso.
Ante isto, ao remate do sorteo redactouse un acta que recollía que “a persoa nomeada nun tribunal, que non estea impartindo esa especialidade, quedará exenta de formar parte do mesmo e pasará á persoa inmediatamente posterior da lista por orde alfabética”.
CCOO denuncia que agora, desde a Consellería, estase a chamar por teléfono aos novos afectados sen ningún outro tipo de comunicación oficial. Demandamos que a consellería admita o erro na súa páxina web e avise do procedemento que está a levar a cabo para solventalo.
4 de mayo de 2010
COMISIÓNS DE SERVIZO
AVISO PARA OS MESTRES/AS QUE PARTICIPARON NO CONCURSO DE TRASLADOS E DESEXAN SOLICITAR COMISIÓNS DE SERVIZOS.
O prazo para solicitar comisións de servizo por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral daqueles funcionarios do corpo de mestres que participaron no concurso xeral de traslados, será desde o día 4 ao 18 de maio, ambos incluídos.
Aqueles que soliciten comisións de servizo de conciliación da vida familiar e laboral deben ter en conta que A INSTANCIA SERÁ ÚNICA e polo tanto será a válida para a obtención de destino provisíonal, tanto no caso de concederse a comisión coma no de non concederse.
4 de mayo de 2010
COMEDORES ESCOLARES
POLA DEFENSA DOS SERVIZOS COMPLEMENTARIOS NO RURAL
CCOO-Ensino, ante o peche dos comedores escolares e as amorizacións de postos de traballo, está a facer unha campaña de concentracións nos centros afectados da zona rural das provincias de Lugo e de Ourense. A campaña iniciouse onte, 3 de maio, no colexio de Ponte-Doiras, en Lugo, e contou cunha ampla participación de pais, nais, profesorado e demais membros da comunidade educativa. continuaremos hoxe en Ribeira de Piquín e o xoves en Ourol. a próxima semana en Ourense.
Dende CCOO seguiremos defendendo, como o fixemos sempre, que os servizos educativos e complementarios sexan xestionados directamente pola Administración, garantindo así a calidade e o carácter público dun servizo fundamental como son os comedores escolares e que afecta directamente a toda a comunidade educativa.
3 de mayo de 2010
OPOSICIÓNS 2010
CCOO REXEITA QUE A CONSELLERÍA AGLUTINE NUN MESMO TRIBUNAL ESPECIALIDADES DISTINTAS
A Federación do Ensino de CCOO rexeita que a Consellería, nos procesos selectivos ao Corpo de profesores de Música e Artes Escénicas deste ano, aglutine nun mesmo tribunal a especialidades diferentes. Así ocorre con Coro e Linguaxe Musical, Fundamentos da Composición e Percusión e con varios instrumentos.
Para CCOO é inaudito que nun mesmo tribunal únanse especialidades tan diferentes sen ter en conta os criterios de formación docente nin pedagóxica e tan só prime o aforro económico que supón ter menos tribunais. CCOO-Ensino pediralle explicacións á Consellería de Educación sobre este feito e solicitará que se establezan tribunais para cada especialidade.
29 de abril de 2010
GALEGO
CCOO-ENSINO INICIA UNHA CAMPAÑA PARA ESIXIR QUE SE CUMPRA O APROBADO NO CONSELLO ESCOLAR DE GALICIA SOBRE O DECRETO DO PLURILINGÜISMO
CCOO e outras organizacións sindicais consensuamos un texto que propomos para aprobación aos Consellos Escolares dos centros (VER TEXTO).Entendemos que é máis necesario que nunca a maior unidade de acción sindical na defensa da nosa lingua e que é imprescindible unha volta ao consenso do Plano de Normalización Lingüística do 2004 aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia.
Pedimos o apoio a todos os centros galegos nesta campaña (VER CARTA AOS CONSELLOS) e que nos enviedes a maior brevedade posible o fax indicado a vosa adhesión.
29 de abril de 2010
DOCENTES PÚBLICA
RESULTADO DO SORTEO DOS VOGAIS DOS TRIBUNAIS. SERVIZO DE PRIMARIA
O persoal interino ou substituto que tivera dereito a prestar servizos en máis dunha lista nos cursos académicos 2007-2008, 2008-2009, 2009-2010 poderá solicitar a incorporación á lista ou listas nas que resultou excluído no prazo de un mes a contar dende o 28 de abril.
28 de abril de 2010
ENSINANZAS ARTÍSTICAS
CONCENTRACIÓN POLA CALIDADE DAS ENSINANZAS ARTÍSTICAS
CCOO DENUNCIA QUE A CONSELLERÍA NON CUBRE AS BAIXAS DO PROFESORADO
CCOO-Ensino quere denunciar que a Consellería de Educación non cubre as baixas do profesorado tanto en Primaria como en Secundaria. Esta situación está a provocar importantes problemas de organización nos centros que perxudican ao propio alumnado.
A Consellería baséase na tan publicitada austeridade para deixar de lado a calidade do ensino nos centros públicos. Todo esto afonda na precariedade laboral dos traballadores que estando nas listas de substitutos non acceden a contratos pendentes de adxudicación.
CCOO esixe á Consellería a activación inmediata das listas de substitutos.
CCOO solicita unha reunión da Comisión de seguimento de dito acordo para dar solución a esta situación (VER SOLICITUDE).
27 de abril de 2010
INTERINOS E SUBSTITUTOS
A FEDERACIÓN DE ENSINO DE CCOO ASINA UNHA NOVA ADDENDA QUE MELLORA AS CONDICIÓNS DO PROFESORADO INTERINO E SUBSTITUTO
CCOO é a unica organización sindical que asinou todas as addendas xa que entende que mellorar as condicións de traballo deste profesorado é o importante.
Elaborouse un novo texto refundindo o acordo de 1995 e todas as posteriores addendas.
Para a Federación do Ensino de CCOO o documento presentado polo ministro Ángel Gabilondo supón un avance substancial na dirección sinalada polo noso sindicato porque recolle un importante investimento e unha considerable mellora das condicións laborais dos traballadroes do ensino, incluíndo a prórroga das xubilacións anticipadas.
Recoñecendo o esforzo realizado polo Ministerio de Educación, polas administracións, e por todos os axentes que interviñemnos no proceso de negociación, CCOO estudiará con rigor o documento de Pacto e o valorará desde a convicción da importancia que ten a educación para o futuro da nosa sociedade.
23 de abril de 2010
DOCENTES PÚBLICA
O NOVO RD DE TRASLADOS SEGUIRÁ PERMITINDO AS RENUNCIAS NA ADXUDICACIÓN PROVISIONAL
A Federación do Ensino de CCOO acada unha resposta definitiva do Ministerio de Educación. O novo RD de concurso de traslados contemplará a posibilidade de renunciar na adxudicación provisional.
Para o próximo concurso de traslados poderase renunciar na adxudicación provisional tal e como era ata agora.
CONCENTRACIÓN DIANTE DA CONSELLERÍA CONTRA O PECHE DE COMEDORES E A REDUCIÓN DE PERSOAL DE COCIÑA
Hoxe, os delegados de CCOO, concentrámonos en Santiago diante da Consellería contra o peche de comedores escolares e a redución de persoal de cociña.
Despois da reunión do venres 16 de abril na que non houbo avances, desde CCOO seguemos a esixir que a Consellería traballe pola mellora dos comedores como servizo público educativo.
21 de abril de 2010
CONCURSO DE TRASLADOS
PUBLICACIÓN ADXUDICACIÓN DEFINITIVA CONCURSO DE TRASLADOS DE PRIMARIA
Hoxe 21 de abril publícase, na páxina web da Xunta, a adxudicación definitiva do concurso de traslados de Primaria.
CONCENTRACIÓN EN MADRID POLA PRÓRROGA DA XUBILACIÓN LOE
CCOO, xunto co resto de sindicatos con representación na Mesa Sectorial de Educación, concentrámonos hoxe, 21 de abril, diante do Ministerio de Educación, en Madrid, para facer entrega das máis de 300000 sinaturas de docentes e 15000 pronunciamentos de centros educativos esixindo a PRÓRROGA DO ACTUAL SISTEMA DE XUBILACIÓN voluntaria e anticipada para os docentes.
Durante a concentración, fixemos entrega ao Ministerio de Educación dun escrito conxunto.
19 de abril de 2010
PERSOAL LABORAL
CCOO CONSIDERA INSUFICIENTE A NOVA PROPOSTA DA CONSELLERÍA ARREDOR DA SUPRESIÓN DE COMEDORES E AMORTIZACIÓN DE PRAZAS DE PERSOAL DE COCIÑA
APERTURA DO PRAZO PARA SOLICITAR COMISIÓNS DE SERVIZO POR MOTIVOS DE SAÚDE
O prazo de presentación de instancias é do 15 ao 30 de abril. Para os participantes no concurso xeral de traslados, o prazo será de 15 días naturais desde a publicación da resolución definitiva do mesmo no DOG.
A solicitude de comisión de sevizos presenta unha novidade con respecto a anos anteriores. A petición realizarase telemáticamente a través da seguinte ligazón:
AMPLÍASE O PRAZO PARA ENGADIR MÉRITOS NO BAREMO DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS
A peticións de CCOO, amplíase o prazo ata final de mes para engadir méritos no expediente persoal para establecer o baremo do vindeiro concurso de traslados.
13 de abril de 2010
MESA SECTORIAL
MESA SECTORIAL 13 DE ABRIL DE 2010
Orde do Día:
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión celebrada o 25 de febreiro.
2. Addenda ao acordo sobre o acceso á Función Pública Docente en calidade de profesor interino ou substituto.
A CONSELLERÍA PRETENDER MERMAR A CALIDADE DO ENSINO PÚBLICO.
Dende CCOO opoñémonos rotundamente ás medidas que a administración educativa pretende levar a cabo no ensino público facendo recortes nos comedores escolares. Esta medida vai supoñer a eliminación de máis de 70 postos de traballo, a supresión duns 20 comedores escolares e deixar sen servizo de comedor a 300 escolares da zona do rural. A Administración está encubrindo un proceso de privatización dalgúns comedores escolares.
CCOO sempre estivo e estará a favor de que os servizos complementarios dos centros públicossexan xestionados pola administración, dotando aos centros dos recursos necesarios para así garantir a calidade dun servizo que afecta directamente a toda a comunidade educativa.
Dende CCOO esiximos á Consellería de Educación a retirada destas propostas que suporán recortes importantes no servizo do comedor escolar.
8 de abril de 2010
EDUCACIÓN ESPECIAL
CCOO DENUNCIA A SITUACIÓN DOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DOS CENTROS E SERVIZOS DE ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADE
ORDE do 16 de marzo de 2010 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, música e artes escénicas e profesores técnicos de FP
Prazo para inscribirse: vinte días naturais contados desde o 6 de abril.
A petición de CCOO o Ministerio de Educación regulará mediante unha norma específica, con rango de real decreto, as especialidades do Corpo de Mestres.
ANTE A NEGATIVA DA CONSELLERÍA A NEGOCIAR CALQUERA DOS PUNTOS PRANTEXADOS POR CCOO VÍMONOS OBRIGADOS A ABANDONAR A MESA SECTORIAL PARA NON PARTICIPAR NA FARSA.
CONVOCATORIA DE ACTIVIDADES FORMATIVAS DE INGLÉS, FRANCÉS, ALEMÁN E PORTUGUÉS PARA O ANO 2010 NO EXTRANXEIRO E EN ESPAÑA, DESTINADAS A PROFESORADO QUE IMPARTE DOCENCIA EN NIVEIS NON UNIVERSITARIOS
VALORACIÓN DO BORRADOR DO DECRETO PARA O PLURILINGÜISMO
CCOO lamenta, unha vez máis, que se perdera a oportunidade de recuperar o consenso sobre a lingua, e proclama que o uso da lingua galega e o seu tratamento como idioma oficial é un dereito de todos os cidadáns e cidadás de Galicia.
CCOO entende que a actuación da Xunta coa posta en práctica deste Decreto vai máis aló do mero ataque á lingua galega e convértese nun elemento perturbador que dificultará a xestión dos centros educativos.
A ADMINISTRACIÓN EDUCATIVA EXPÓN A SÚA POLÍTICA LINGÜÍSTICA NA PRENSA E IGNORA ÁS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS
CCOO-Ensino denuncia con toda a súa forza a manipulación que a administración educativa galega fai na presentación do decreto de galego. Sen ningunha notificación oficial ou extraoficial cara as organizacións sindicais, mañá presentará o novo decreto de galego. É unha nova que nos chegou porque houbo filtracións nalgún medio de comunicación.
Queremos deixar claro que a política educativa e, neste caso, a política lingüística, non é unha guerra, non é unha batalla. Polo tanto, non se trata de xogar sen normas, sen respectar os cauces legais e utilizando o efecto sorpresa ou a nocturnidade.
Para CCOO está claro que os responsables da administración educativa galega prefiren estas artimañas a seguir os procesos establecidos democráticamente. É inadmisible que despois da mesa sectorial do xoves 11 de febreiro onde pedimos información sobre o tema lingüístico e onde non se nos deu resposta, estemos 48 horas despois pendentes de que saia na prensa.
Demandamos o inmediato traslado do texto ás organizacións sindicais para a súa negociación nas mesas e órganos establecidos para elo. Esiximos que desde a Consellería de Educación deixen ao marxe dunha vez esta política propagandística e se centren na búsqueda dun consenso que supere o debate lingüístico.
INADMISIBLE A POSTURA DA CONSELLERÍA: ATRASOS E MERMAS NOS INGRESOS AOS CENTROS PERO MÁIS GASTOS A CARGO DOS CENTROS.
Desde CCOO-Ensino consideramos inadmisible o atraso, alomenos de tres semanas, no pago aos centros escolares dos gastos de funcionamento. Aconsellería, en lugar de facilitar o traballo dos equipos directivos, carga de presións innecesarias a burocracia dos centros educativos. É preciso que a administración rompa de xeito inmediato esta sucesión de atrancos no normal desenvolvemento da dinámica dos centros.
Pero é que ademáis dun atraso prodúcese unha merma da contía que non é coherente co incremento de gastos que os centros están asumindo. Un exemplo é o mantemento dos equipos informáticos que chegan novos cada curso e que a consellería non asume.
En relación con este tema, CCOO-Ensino xa solicitou á Consellería que para o vindeiro curso destine unha partida específica para asumir os gastos de mantemento dos 14500 portátiles que ten previsto entregar entre o alumnado. Non nos vale que enchan a boca coa incorporación das TICs aos centros escolares se só queda nun titular sen un proxecto e memoria económica que o respalde.
10 de marzo de 2010
DOCENTES PÚBLICA
PUBLICADA NO DOG A RESOLUCIÓN PROVISIONAL DO CONCURSO DE TRASLADOS
Hoxe sae publicada no DOGa adxudicación provisional do concurso de traslados de Secundaria e de Primaria.
A resolución de Primaria establece 10 días hábiles desde a publicación desta resolución no DOG (do 10 ao 22 de marzo) para presentar reclamación ou renuncia.
A resolución de Secundaria establece 10 días hábiles a partir do día seguinte da súa publicación no DOG (do 11 ao 23 de marzo) para presentar reclamacións ou renuncias. Non obstante, serán admitidas as reclamacións e renuncias presentadas con anterioridade.
CCOO DENUNCIA A CONFUSIÓN TRANSMITIDA AOS FUNCIONARIOS DOCENTES
A semana pasada, numerosos docentes funcionarios recibiron un correo da Consellería de Educación no que se lles solicitaba que cubrisen un expediente antes do 14 de marzo para poder continuar coa xestión do concurso de traslados a través dunha aplicación informática. O texto é confuso e leva a interpretar a urxencia de actualizar méritos para este concurso de traslados.
A realidade é que esa actualización é precisa para o concurso de traslados do próximo curso 2010/11.
Apoiamos a xestión do concurso de traslados a través dunha aplicación informática e que a Consellería faga as probas convenientes para o seu bo funcionamento. Pero as instrucións enviadas son confusas. Esixímoslle á Consellería que emita unhas novas instrucións máis claras, nas que se lles explique aos docentes que forman parte dunha mostraxe para probar a aplicación informática do concurso do vindeiro ano e na que se solicite a súa colaboración, pero cun prazo máis amplo.
3 de marzo de 2010
MUFACE
CCOO DENUNCIA QUE MUFACE REDUCE AS PRESTACIÓNS SANITARIAS BAIXO A ARGUMENTACIÓN DE MODERNIZACIÓN
CCOO ANIMA A PARTICIPAR NAS MOBILIZACIÓNS CONTRA A XUBILACIÓN AOS 67 ANOS
O atraso da idade de xubilación aos 67 anos é unha medida “extrema e innecesaria”. CCOO aposta por reforzar os mecanismos voluntarios de xubilación flexible xa existentes, tanto para anticipar a idade de xubilación como para atrasala.
Participa nalgunha das manifestaciónsque se convocan simultaneamente ás 20 horas en: A Coruña (Praza Palloza), Ourense (Pabillón dos Remedios), Vigo (Vía Norte, cruce con Urzaiz) e Arousa (Casa do Mar). Tamén en Lugo (Edificio Sindicatos), ás 19:30 horas.
26 de febrero de 2010
PACTO POLA EDUCACIÓN
NOVO DOCUMENTO DE PROPOSTAS PARA UN PACTO SOCIAL E POLÍTICO POLA EDUCACIÓN
CCOO achegou a preocupación e descontento pola actitude da Consellería cos traballadores e traballadoras do Ensino Concertado o día 18 de xaneiro. O 18 de febreiro CCOO xunto con FSIE, FETE-UGT, USO, e CIG-Ensino manifestaron conxuntamente o seu descontento.
MUFACE RECTIFICA O ERRO NAS PENSIÓNS DO FONDO ESPECIAL DE 2010.
Os xubilados e xubiladas que teñen recoñecida algunha pensión das Mutualidades integradas no Fondo Especial de MUFACE (Mutualidad de Ensino Primario, de Catedráticos de Bachillerato, etc.) recibiron unha nota informativa nos pasados días nas que se lles comunicaba a cuantía da pensión para o ano 2010.
A cantidade indicada como a da pensión non coincidía co realmente cobrado a finais de xaneiro nin aparentemente tiña lóxica algunha.
Despois de trámites con MUFACE, Informáronnos que por un erro de xestión o número que indica a cuantía da pensión non ten a coma que debería de ter, polo que as pensións que aparecen como de 4.271 euros mensuales son en realidade de 42,71 euros. Como pode comprenderse a diferenza é bastante notable.
Advertido o erro, os servizos centrais de MUFACE xa están elaborando un novo escrito que os afectados deberán recibir nos próximos días indicándolles o erro da primeira carta.
17 de febrero de 2010
XUBILACIÓNS LOE
CCOO RECOLLE MÁIS DE 70.000 SINATURAS E 5.000 ADHESIÓNS DE CENTROS EN APOIO Á PRÓRROGA DAS XUBILACIÓNS E CONTRA AS MEDIDAS DO GOBERNO
A FEDERACIÓN DE ENSINO DE CCOO DEMANDA AO CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN QUE DEFENDA UNHA PRÓRROGA DA XUBILACIÓN LOE NA CONFERENCIA SECTORIAL DE EDUCACIÓN
Como unha medida máis dentro da campaña que iniciamos para conseguir unha prórroga das xubilacións LOE, CCOO-ensino vimos de presentar diante da Consellería de educación o apoio a unha prórroga das xubilacións anticipadas e gratificadas, LOE (VER ESCRITO)
E nesa mesma dirección imos presentar resolucións nas Xuntas de Persoal e nos Consello Escolar de Galicia (VER RESOLUCIÓN)
16 de febrero de 2010
ENSINO PRIVADO
CCOO ASINA O XI CONVENIO COLECTIVO DE ÁMBITO ESTATAL DE CENTROS DE ASISTENCIA E EDUCACIÓN INFANTIL
4. Ordepola que se convoca concurso de méritos para a selección e nomeamento da dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na LOE.
CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE SINATURAS POLA PRÓRROGA DAS XUBILACIÓNS LOE
O actual sistema de xubilacións voluntarias, anticipadas e incentivadas procede da LOXSE e vén funcionando desde o ano 1991 cando CCOO asina en solitario co Ministerio. Aínda que a súa vixencia inicial era ata 1996, o sistema foi prorrogado en 1995 e 2001, e coa LOE ata o 31 de agosto de 2011.
Agora, desde CCOO entendemos que xa chegou o momento de iniciar unha campaña para a súa prórroga. Por todo isto, solicitamos dos Claustros que, coas súas sinaturas, manifesten a necesidade de prorrogar o actual réxime de xubilacións voluntarias e esixan oinicio do proceso legal para isto.
Podedes facérnolo chegar entregándollo en man a calquera delegado/a sindical, levándoo ou enviándoo por correo ou FAX aos nosos locais.
CONVOCATORIA DE MESA SECTORIAL PARA O 10 DE FEBREIRO DE 2010
ORDE DO DÍA
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión celebrada o día 18 de decembro
2. Oferta pública de emprego 2010
3. Convocatoria concurso oposición ao corpo de Inspectores de Educación
4. Orde pola que se convoca concurso de méritos para a selección e nomeamento da dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na LOE.
CCOO REXEITA POR COMPLETO A REFORMA DO SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS
CCOO define a proposta de atraso obrigatorio da idade legal de xubilación ata 67 anos como unha medida innecesaria e desproporcionada.
Ao noso xuízo débense e é perfectamente posible, en primeiro lugar, activar fórmulas para incrementar os ingresos e, en segundo lugar, pódese seguir aproximando a idade media real de xubilación aos 65 anos, afondando nas medidas de incentivo e promoción existentes.
No ámbito da docencia, CCOO ten en marcha unha campaña de recollida de sinaturas pola prórroga das xubilacións LOE. Xubilacións voluntarias, anticipadas e gratificadas que ademais de ser unha necesidades de xustiza, favorecen a renovación do corpo docente incrementando as ofertas de prazas nos procesos selectivos.
CC.OO. ESIXE AO PSOE E AO PP A NECESIDADE URXENTE DE ACADAR UN PACTO EDUCATIVO PARA SAÍR DA CRISE ECONÓMICA
O 27 de xaneiro o ministro de Educación, Ángel Gabilondo, presentou o documento de Propostas para un Pacto Social e Político pola Educación ante a Conferencia Sectorial de Educación na que están presentes os conselleiros de Educación de todas as Comunidades Autónomas.
Non é un texto clausurado, senón que pretende ser un espazo de referencia para definir o necesario debate.
CCOO-Ensino valora un rotundo éxito a folga no ensino de hoxe 21 de xaneiro e tamén a multitudinaria manifestación que percorreu as rúas de Santiago dende a Alameda ata a praza do Obradoiro.
Esiximos á Consellería que tome nota dos datos obxectivos que amosaron os centros educativos (máis dun 80% de participación) e, de xeito inmediato, dé un paso cara a apertura real da vía do diálogo. O respeto ao 50% das materias en lingua galega ten que ser a base da que partir na búsqueda dun amplo consenso co resto de forzas parlamentarias, axentes sociais e comunidade galega en xeral.
Agradecemos a todo o profesorado que, unha vez esgotadas as vías de negociación, entendeu que era imprescindible a unidade na folga en contra das bases do Decreto de plurilingüismo presentadas pola Consellería. Seguiremos traballando, desde a autonomía sindical e a credibilidade negociadora que amosamos e reafirmamos día a día, na defensa da lingua galega no ensino.
20 de enero de 2010
ENSINO PRIVADO
GALEGO PATRIMONIO DE TODAS E TODOS, DO ENSINO PRIVADO TAMÉN
CCOO Súmase á convocatoria de folga para o Ensino Público do día 21 de xaneiro. Dicimos ensino público porque, tanto CIG como STEG, só convocaron no seu momento a este sector, deixando fóra da convocatoria aos máis dos sectores que conformamos o ensino: a universidade, o persoal laboral, as escolas infantís privadas e públicas, tanto da Xunta como do Consorcio, os centros de Educación e Asistencia para persoas con discapacidade é os traballadores e traballadoras do ensino Privado e Privado Concertado.
CCOO-ENSINO, EN RESPOSTA AO CORREO QUE O CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN ENVIOU AO PROFESORADO, QUERE REAFIRMAR O SEGUINTE:
A Consellería non pode presumir de que o documento se presentou co obxectivo de propiciar o máximo consenso cando fai caso omiso das críticas que se fan dende o resto de partidos políticos, axentes sociais e organización sindicais, a Real Academia Galega, etc.
Desde a publicación do mesmo e, a través de declaracións á prensa, mantivéronse na liña de defensa do contidos das bases sen abrir vías de diálogo e sen formalizar un calendario de negociacións a pesares de que CCOO-Ensino procuramos esgotar todas as posibilidades de negociación antes de apoiar mobilizacións.
Non pode afirmar que garante o equilibrio entre as linguas oficiais cando o galego, ao estar en situación de desventaxa recoñecida por estudos sociolingüísticos, debe ser promocionado con actuacións de discriminación positiva.
Non pode apostar por un plurilingüismo efectivo partindo da introducción dunha lingua estranxeira como terceira lingua vehicular en pe de igualdade coas dúas linguas oficias de Galicia. Esto constitúe un elemento distorsionador do debate lingüístico, ademais de ser inviable.
Non pode potenciar a participación das familias en decisións que lle competen á Administración educativa dentro das súas responsabilidades no fomento da normalización lingüística.
CCOO-Ensino chama a todo o profesorado a participar na folga do 21 de xaneiro. POLO GALEGO NO ENSINO, O GALEGO É PATRIMONIO DE TODOS E TODAS!
16 de enero de 2010
GALEGO
CCOO-ENSINO SECUNDARÁ A FOLGA DO 21 DE XANEIRO
Ante as bases presentadas pola Consellería de Educación, ante a súa actitude de non establecer un calendario oficial de negociacións, diante da imposibilidade de inducir posturas que conduzan cara a un encontro para procurar saídas a situación creada e tras esgotar todas as vías de diálogo, CCOO-ENSINO secundará a folga do 21 de xaneiro.
CCOO-ENSINO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN NAS XORNADAS DE OURENSE
As xornadas están organizadas dentro do Plan AFCAP polo que é imprescindible ter traballado no ámbito público no ano 2010. O prazo de inscrición remata o 1 de febreiro.
Os participantes deberán entregar o primeiro día do curso unha fotocopia do DNI e da nómina de xaneiro de 2010. Se non dispoñen da nómina ao longo da primeira semana de febreiro é obrigatoria achegala a algún dos locais de CCOO en Galicia-
CCOO RECLAMA A PRESENTACIÓN URXENTE DUN CALENDARIO DE NEGOCIACIÓNS SOBRE O DECRETO DE GALEGO, DO CONTRARIO ESTUDARÍA MEDIDAS MOBILIZADORAS
CCOO considera que xa pasou tempo suficiente desde que o texto chegou a mans da sociedade galega para que xa sexa hora de que teña que estar enriba da mesa un calendario de negociación preciso e detallado.
CCOO insiste en que de non percibir vontade de diálogo e de non encontrar receptividade ás súas propostas razoables e lóxicas tanto para a organización dos centros como para cumprir o mandato da LEI DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA no referente á necesaria promoción e discriminación positiva do galego, sobre todo naquelas zonas nas que o seu uso encóntrase en retroceso, VERÍASE ABOCADA Á CONVOCATORIA DE MOBILIZACIÓNS.
CCOO RECLAMA NEGOCIACIÓN E CONSENSO REAIS ANTES DE MODIFICAR CALQUERA NORMA LEGAL SOBRE O USO DO GALEGO NO ENSINO
CCOO-Ensino non renunciará a participar en ningún foro de negociación no que se debata ou negocie o futuro do galego no sistema educativo.
Diante da presentación dun novo borrador de Decreto, CCOO quere manifestar ante da opinión pública que será extremadamente belixerante para garantir que ao remate do período de ensino obrigatorio, as competencias do alumnado galego sexan reais en calquera das dúas linguas oficiais de Galicia, procurando que otratamento e a intensidade do uso de cada unha delassexa a axeitada en función do medio lingüístico no que se desenvolve o proceso de aprendizaxe
CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE SINATURAS POLA PRÓRROGA DAS XUBILACIÓNS LOE
O actual sistema de xubilacións voluntarias, anticipadas e incentivadas procede da LOXSE e vén funcionando desde o ano 1991 cando CCOO asina en solitario co Ministerio. Aínda que a súa vixencia inicial era ata 1996, o sistema foi prorrogado en 1995 e 2001, e coa LOE ata o 31 de agosto de 2011.
Agora, desde CCOO entendemos que xa chegou o momento de iniciar unha campaña para a súa prórroga. Por todo isto, solicitamos dos Claustros que, coas súas sinaturas, manifesten a necesidade de prorrogar o actual réxime de xubilacións voluntarias e esixan oinicio do proceso legal para isto.
Podedes facérnolo chegar entregándollo en man a calquera delegado/a sindical, levándoo ou enviándoo por correo ou FAX aos nosos locais.
A FEDERACIÓN DE ENSINO DE CCOO DEMANDA DA CONSELLERÍA CELERIDADE NA NEGOCIACIÓN DO PRÁCTICUM
CCOO leva tempo demandando a negociación das condicións en que se impartirá por parte do profesorado estas ensinanzas. O venres 18 de decembro será negociado en Mesa Sectorial a Orde pola que se regula a convocatoria e o procedemento para a selección de profesorado e centros de prácticas.
CCOO demandará que o profesorado que imparta estas ensinanzas sexa remunerado de acordo ao custe das matrículas das mesmas así como sexa considerado como mérito a participación nestes programas. (Borrador para Alegacións).
15 de diciembre de 2009
SAÚDE LABORAL
XUNTANZA COMISIÓN SEGUIMENTO ACORDO PREVENCIÓN RISCOS LABORAIS NA XUNTA
CCOO-ENSINO VALORA POSITIVAMENTE A CONVOCATORIA DE OPOSICIÓNS EN SECUNDARIA
Hoxe o conselleiro de educación, na entrevista dixital que ofreceu na web do periódico La Voz de Galicia, asegurou que no 2010 convocaranse oposicións para secundaria. O extracto literal da pregunta e da resposta é o seguinte:
·Bo día, gustaríame saber se haberá convocatoria de oposicións para secundaria en 2010 e, no seu caso, cando coñeceremos a oferta por especialidades. Un saúdo.
·"Si, estamos a traballar en que especialidades e no número de prazas que se convocan para cada unha das especialidades. "
CCOO-Ensino congratúlase deste anuncio e lembramos que fomos o único sindicato que na mesa sectorial na que se falou das oposicións do 2009, pedimos a convocatoria das de secundaria. Aproveitamos para instar a consellería a que se convoquen tamén as oposicións de primaria xa que o número de xubilacións que se producirán xa pode conlevar unha oferta no corpo de mestres.
Hoxe publícase no DOG a resolución definitiva do FAS 2008. As listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas do Fondo de Acción Social do exercicio 2008 están publicadas na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública: http://www.xunta.es/dxfp/fas.htm
Os solicitantes deberán introducir nos espazos habilitados para o efecto o NIF e mais o código da impresión da súa solicitude.
1 de diciembre de 2009
RETRIBUCIÓNS DOCENTES PÚBLICA
EN DECEMBRO PAGA EXTRA COMPLETA: SALARIO DOBRE
CC.OO. conseguiu con este acordo unha reivindicación histórica: AS PAGAS EXTRAS COMPLETAS
En decembro cobraremos a paga extra exactamente igual ao salario mensual. Salario dobre. Como consecuencia do Acordo MAP (2006) asinado coas organizacións sindicais CC.OO., UGT e CSIF, trasladouse á Galicia o 1% da masa salarial dos empregados públicos. O obxectivo era o de incluír nas pagas extras o 100% da totalidade do complemento específico en 3 anos; no caso dos docentes esa totalidade incluíu os sexenios e todos os complementos por desempeño de cargos.