4 febreiro 2010
7 de SETEMBRO de 2010
 
Menu
   

Enlaces  
 
 

CC.OO. web  
 
 



Área Privada  
   

Buscador
17 de febrero de 2010
XUBILACIÓNS LOE
CCOO RECOLLE MÁIS DE 70.000 SINATURAS E 5.000 ADHESIÓNS DE CENTROS EN APOIO Á PRÓRROGA DAS XUBILACIÓNS E CONTRA AS MEDIDAS DO GOBERNO
VER infórmaTE
17 de febrero de 2010
XUBILACIÓNS LOE
A FEDERACIÓN DE ENSINO DE CCOO DEMANDA AO CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN QUE DEFENDA UNHA PRÓRROGA DA XUBILACIÓN LOE NA CONFERENCIA SECTORIAL DE EDUCACIÓN

Como unha medida máis dentro da campaña que  iniciamos para conseguir unha prórroga das xubilacións LOE,  CCOO-ensino vimos de presentar diante da Consellería de educación o apoio a unha prórroga das xubilacións anticipadas e gratificadas, LOE   (VER ESCRITO)

E nesa mesma dirección imos presentar resolucións nas Xuntas de Persoal e nos Consello Escolar de Galicia (VER RESOLUCIÓN)

12 de febrero de 2010
OPE
OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO 2010

Ver "infórmaTE"                             Ver OPE

9 de febrero de 2010
GALEGO
RESPOSTA ÁS ACUSACIÓNS POR PARTE DE QUEREMOS GALEGO
CCOO-Ensino sentímonos na obriga de desmentir a información que a prataforma Queremos Galego enviou fai días aos centros no que se refire a CCOO. (VER infórmaTE)
9 de febrero de 2010
CELGA
CURSOS E PROBAS PARA OBTER O CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA

VER CURSOS                        VER PROBAS

9 de febrero de 2010
ACLARACIÓNS SOBRE A NÓMINA DE 2010
Por qué a maioría cobramos menos este mes?
9 de febrero de 2010
DOCENTES PÚBLICA
CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE SINATURAS POLA PRÓRROGA DAS XUBILACIÓNS LOE

O actual sistema de xubilacións voluntarias, anticipadas e incentivadas procede da LOXSE e vén funcionando desde o ano 1991 cando CCOO asina en solitario co Ministerio. Aínda que a súa vixencia inicial era ata 1996, o sistema foi prorrogado en 1995 e 2001, e coa LOE ata o 31 de agosto de 2011.

Agora, desde CCOO entendemos que xa chegou o momento de iniciar unha campaña para a súa prórroga. Por todo isto, solicitamos dos Claustros que, coas súas sinaturas, manifesten a necesidade de prorrogar o actual réxime de xubilacións voluntarias e esixan o  inicio do proceso legal para isto.

Podedes facérnolo chegar entregándollo en man a calquera delegado/a sindical, levándoo ou enviándoo por correo ou FAX aos nosos locais.

 

VER CCOO INFORMA                       VER MANIFESTO

5 de febrero de 2010
CCOO REXEITA POR COMPLETO A REFORMA DO SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS

CCOO define a proposta de atraso obrigatorio da idade legal de xubilación ata 67 anos como unha medida innecesaria e desproporcionada.

Ao noso xuízo débense e é perfectamente posible, en primeiro lugar, activar fórmulas para incrementar os ingresos e, en segundo lugar, pódese seguir aproximando a idade media real de xubilación aos 65 anos, afondando nas medidas de incentivo e promoción existentes.

Ver Gaceta Sindical Especial

 

No ámbito da docencia, CCOO ten en marcha unha campaña de recollida de sinaturas pola prórroga das xubilacións LOE. Xubilacións voluntarias, anticipadas e gratificadas que ademais de ser unha necesidades de xustiza, favorecen a renovación do corpo docente incrementando as ofertas de prazas nos procesos selectivos.

Ver Manifesto CCOO-ENSINO

5 de febrero de 2010
PERSOAL LABORAL UNIVERSIDADE
CCOO CONSEGUE SENTENZA FAVORABLE POR CESIÓN ILEGAL DE MAN DE OBRA NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA
CCOO denunciou o despedimento dunha traballadora que levaba máis de 10 anos desenvolvendo as súas tarefas na Universidade da Coruña. A sentenza unha vez celebrado o xuízo sae favorable á traballadora e estima integramente a demanda interposta, ademais recolle a declaración da existencia de cesión ilegal de man de obra e así mesmo declara tamén improcedente o despedimento, condenando conxuntamente e solidariamente ás demandadas: UDC e Fundación da Universidade. Ver infórmaTE
   
@ FEDERACIÓN DE ENSEÑANZA CC.OO. GALICIA | aviso legal | ancho óptimo 1000px