O TRABALLO, O PRIMEIRO. POLO DIÁLOGO SOCIAL. QUE NON TIREN PROVEITO DA CRISE!
UGT e CCOO convocamos os traballadores e traballadoras a unha mobilización xeral o 12 de decembro, en Madrid, para denunciar coa maior contundencia e responsabilidade a situación pola que atravesan a economía e a negociación colectiva, esixirlles ás organizacións empresariais un cambio de actitude, aos poderes públicos -e en particular ao Goberno- políticas máis ambiciosas para saír da crise, e para comprometer a nosa participación nunha estratexia negociada que poña todos os recursos dispoñibles ao servizo da recuperación económica e o emprego.
10 de diciembre de 2009
FONDO DE ACCIÓN SOCIAL
RESOLUCIÓN DEFINITIVA DO FAS 2008
Hoxe publícase no DOG a resolución definitiva do FAS 2008. As listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas do Fondo de Acción Social do exercicio 2008 están publicadas na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública: http://www.xunta.es/dxfp/fas.htm
Os solicitantes deberán introducir nos espazos habilitados para o efecto o NIF e mais o código da impresión da súa solicitude.
1 de diciembre de 2009
RETRIBUCIÓNS DOCENTES PÚBLICA
EN DECEMBRO PAGA EXTRA COMPLETA: SALARIO DOBRE
CC.OO. conseguiu con este acordo unha reivindicación histórica: AS PAGAS EXTRAS COMPLETAS
En decembro cobraremos a paga extra exactamente igual ao salario mensual. Salario dobre. Como consecuencia do Acordo MAP (2006) asinado coas organizacións sindicais CC.OO., UGT e CSIF, trasladouse á Galicia o 1% da masa salarial dos empregados públicos. O obxectivo era o de incluír nas pagas extras o 100% da totalidade do complemento específico en 3 anos; no caso dos docentes esa totalidade incluíu os sexenios e todos os complementos por desempeño de cargos.