25 NOVEMBRO: DÍA POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO
A FEDERACIÓN DE ENSINO DE CC.OO. CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Combater a violencia contra as mulleres para avanzar cara á igualdade.
A Federación de Ensino de Comisións Obreiras, ante a conmemoración do 25 de Novembro, día internacional para a eliminación da violencia contra a muller, quere manifestar a denuncia e repulsa contra todo tipo de violencia machista, manifestación brutal da desigualdade entre mulleres e homes e un grave atentado contra os dereitos humanos
Resumo do discurso pronunciado por Xosé Manuel Sánchez Aguión no acto público do colectivo “GALEGO PATRIMONIO DA HUMANIDADE” o 14 de novembro no Teatro Principal en Santiago. Ver resumo
GALEGO, LINGUA DE LIBERDADE: ACTO CÍVICO O 14 DE NOVEMBRO
O sábado día 14 de novembro, ás 12 horas, o Teatro Principal de Santiago de Compostela, acollerá o acto cívico ?Galego, lingua de liberdade?, convocado pola plataforma ?Galego, Patrimonio da Humanidade? e apoiado polo Sindicato Nacional de Comisións Obreiras e outros colectivos e organizacións.
No acto intervirán diferentes persoas da vida social e cultural galega, así como representantes de diferentes axentes sociais, entre eles CCOO, que chama a unha participación activa da sociedade galega.
10 de noviembre de 2009
EOI
CCOO-ENSINO SEGUE APOIANDO AS DEMANDAS DO PROFESORADO
PAGO INMEDIATO DOS ATRASOS A CATEDRÁTICOS E OPOSITORES APROBADOS NO 2007
CCOO-Ensino despois de ter solicitado por escrito o pago inmediato dos atrasos non cobrados dos catedráticos (Ver escrito) recibiu onte da administración a seguinte aclaración:
Os funcionarios que accederon á condición de catedráticos percibirán os atrasos na nómina de decembro de 2009 en dous pagos (un do 1 de setembro ao 31 de decembro de 2008 e outro do 1 de Xaneiro ao 31 de decembro de 2009).
Ante a pregunta feita por CCOO na Mesa Sectorial do mércores sobre o pago dos trienios e sexenios ós funcionarios que aprobaron na oposición do 2007,a Administración comunícanos que percibirán os atrasos no mes de decembro, agás casos puntuais pendentes de revisión.
6 de noviembre de 2009
CONCURSO DE TRASLADOS
PROPOSTA DE VACANTES NA PROVINCIA DE A CORUÑA PARA O CONCURSO DE TRASLADOS
A reunión da Xunta de Persoal para negociar as vacantes será o vindeiro martes día 10.
A posible data de publicación dos Concursos de Traslados será a mediados de novembro.
Este ano non haberá convocatoria de concurso de Orientación e de Adultos.