4 outubro 2009
7 de SETEMBRO de 2010
 
Menu
   

Enlaces  
 
 

CC.OO. web  
 
 



Área Privada  
   

Buscador
4 de noviembre de 2009
ENSINO PRIVADO
REUNIÓN DA COMISIÓN TRIPARTITA DE ENSINO CONCERTADO 2 NOVEMBRO DE 2009
A nova Consellería de Educación do PP decide romper de forma unilateral os acordos que temos subscritos na Concertada. Falamos de acordos que sustentan condicións básicas dos nosos traballadores e traballadoras tales como a estabilidade laboral, a procura da homologación coa pública e o dereito á paga de antigüidade recollido no convenio.
4 de noviembre de 2009
DOCENTES. CONCURSO DE TRASLADOS
OFERTA DE VACANTES XUNTA DE PERSOAL OURENSE

A Xunta de Persoal da provincia de Ourense negociou onte coa Inspección educativa as vacantes ofertadas para o próximo concurso de traslados.

CCOO ostenta nesta provincia a presidencia da Xunta de Persoal que é un medio democrático establecido para a negociación das condicións de traballo dos docentes.

No resto das provincias, as presidencias das Xuntas de Persoal permanecen inactivas. Por elo, os representantes de CCOO solicitaron por escrito ante a presidencia das Xuntas de Persoal de Coruña, Lugo e Pontevedra que, seguindo o exemplo de Ourense, se inste á inspección a negociar as vacantes antes de ser publicadas de xeito provisional.

Dende a Federación do Ensino de CCOO continuamos a traballar por un sindicalismo baseado na acción e na negociación.

VER VACANTES DE MESTRES                                 VER VACANTES DE PES

30 de octubre de 2009
ENSINO PRIVADO
ASINADO O IV CONVENIO DE ALDEAS INFANTÍS SOS DE GALICIA
En CCOO estamos satisfeitos por acadar un acordo con melloras sustanciais en materia salarial (todos los traballadores e traballadoras superan a fronteira dos 1.000?) e do mesmo xeito en lo laboral, mellorando as condicións previas e incrementando permisos e días de descanso.
28 de octubre de 2009
CEOU. ORZAMENTOS 2010
A Federación de Ensino de CC OO responde á Xunta esixindo máis orzamento en educación e formación .
O sindicato leva meses instando a Xunta a que dentro do plan de choque contra a crise se recolla un esforzo orzamentario específico en educación para o ano 2010. A Federación do Ensino de Comisións Obreiras (FE-CCOO) demándalle á Xunta que ante a crise económica destine máis orzamento para 2010 a educación e formación. O sindicato responde así as declaracións realizadas onte polo conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, na intervención de onte no Parlamento e que ían na dirección contraria, anunciando un recurte do 1,1%. (VER NOTA DE PRENSA)
28 de octubre de 2009
FUNCIONARIOS
ASISTENCIA SANITARIA PARA O PERSOAL AFILIADO A MUFACE

 

No 2010 as compañías MAPFRE FAMILIAR, CASER e A NOVA EQUITATIVA non prestarán asistencia sanitaria ó persoal de MUFACE.
MUFACE comunicou á FE-CCOO que  porase en contacto cos mutualistas afectados para comunicar:
A necesidade de cambiar, e as compañías que hai concertadas para 2010, ademáis da Seguridade Social, ás que pode “apuntarse”.
A posibilidade de facer o cambio, ademáis de directamente, tamén por Internet.
O prazo será do 16 de decembro de 2009 ata o 31 de xaneiro de 2010.
O dereito a ser atendido pola actual compañía ata o 31 de xaneiro de 2010 ou en caso de hospitalización ou maternidade ata a alta correspondente.  (VER INFÓRMATE)
27 de octubre de 2009
ENSINO CONCERTADO
PRÓXIMA REUNIÓN DA COMISIÓN TRIPARTITA DO ENSINO PRIVADO CONCERTADO
Despois da reunión do 24 de setembro, a Consellería comprometérase a presentarnos á patronal e ás organizacións sindicais a Addenda para prorrogar o ?Acordo de mantemento de Emprego?, no prazo dunha semana. Vendo que o prazo pasou, o 21 de outubro de 2009 tanto as organizacións sindicais como a patronal decidimos solicitar a convocatoria urxente da CTEPC.
26 de octubre de 2009
OPOSICIÓNS F.P.
OPOSICIÓNS PROFESORADO TÉCNICO DE F.P.

CC.OO. informa que, na reunión da Mesa de Negociación do 23 de outubro, o Ministerio de Educación manifestou que, para as oposicións de 2010 de ingreso no Corpo de Profesores Técnicos de Formación Profesional en todas as súas especialidades, non se requerirán ningunha formación pedagóxica ou didáctica específica. É dicir, non se precisará o máster, igual que antes non se esixía o CAP.

26 de octubre de 2009
ENSINANZAS ARTÍSTICAS
REAL DECRETO POLO QUE SE ESTABLECE A ORDENACIÓN DAS ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES REGULADAS POLA LEI ORGÁNICA 2/2006, DO 3 DE MAIO, DE EDUCACIÓN
Ver Real Decreto
22 de octubre de 2009
FORMACIÓN - XORNADAS
XORNADAS sobre a
O Sindicato comarcal de ensino de CCOO de Vigo organiza un curso que versará sobre a ?Responsabilidade xurídica dos docentes?. CARMEN PERONA MATA, autora do libro ?A responsabilidade xurídica dos docentes?, avogada do Sindicato e profesora da Universidade Complutense de Madrid, impartirá o curso o venres e o sábado no salón de actos do antigo Reitorado. (Ver mais)
22 de octubre de 2009
PROFESORADO RELIXIÓN
LISTAS PROFESORADO RELIXIÓN

Resolución do 13 de outubro de 2009, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades ou substitucións para impartir docencia de relixión no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato nos centros docentes públicos que dependen da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Ver "infórmaTE"                         Ver Resolución

22 de octubre de 2009
DOCENTES NON UNIVERSITARIOS
PRESENTADO PARA A SÚA NEGOCIACIÓN O PROXECTO DE REAL DECRETO POLO QUE SE REGULA O CONCURSO DE TRASLADOS DE ÁMBITO ESTATAL ENTRE FUNCIONARIOS DOS CORPOS DOCENTES NON UNIVERSITARIOS.
Foi presentado para a súa negociación o borrador de PROXECTO DE REAL DECRETO POLO QUE SE REGULA O CONCURSO DE TRASLADOS DE ÁMBITO ESTATAL ENTRE FUNCIONARIOS DOS CORPOS DOCENTES NON UNIVERSITARIOS E DEFÍNENSE OUTROS PROCEDEMENTOS DE PROVISIÓN DE PRAZAS OU POSTOS A CUBRIR POLOS MESMOS. O Real Decreto resultante da negociación será de aplicación no próximo curso xa que no presente curso o concurso de traslados será de carácter autonómico.
20 de octubre de 2009
ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS
PECHES NAS ESCOLAS DE IDIOMAS

Tras o exitoso e concorrido peche nas EEOOII de Ferrol, Pontevedra, A Coruña e Vigo, onte, 19 de outubro, comezou o peche da EOI de Ourense. A case totalidade dos docentes participan nos peches en quendas que non interrompen o normal desenrolo das clases.

A Federación de Ensino de CCOO apoia e participa activamente co profesorado das Escolas de Idiomas nos peches que comezaron o luns 5 de outubro na escola de Ferrol. Estas medidas foron acordadas polo profesorado das EEOOII, CCOO e o resto de organizacións sindicais para solicitar a apertura de negociacións e a retirada da Circular 5/2009, que foi imposta pola Consellería de Educación de xeito unilateral e sen negociación.

Os peches continuarán en Monforte, Ribadeo, Lugo e Santiago. VER FOTOS DOS PECHES

19 de octubre de 2009
SUBSTITUTOS PÚBLICA
A FE-CCOO RATIFICA A VALIDEZ DO ACORDO

Dende a FE-CCOO queremos enviar unha mensaxe de tranquilidade a todo o profesorado substituto afectado polas citacións da Inspección de Traballo.

Nestes últimos días, dende a Federación do Ensino de CCOO, levamos a cabo xestións ante a Inspección de Traballo da provincia de Coruña, froito das cales dita administración decide inhibirse do proceso iniciado sobre o cobro dos meses de verán do profesorado substituto que traballou máis de cinco meses e medio durante o curso académico.

Na Comisión de Seguimento da Addenda celebrada hoxe 16 de outubro, tanto a Consellería de Educación como as organizacións asinantes de dita addenda, CCOO, ANPE e CSIF, ratificamos a validez da mesma e a adecuación ao marco xurídico vixente. 

A FE-CCOO seguiremos pendentes da situación destes traballadores e, se persisten os problemas, tomaremos as medidas oportunas.

15 de octubre de 2009
ESAD
CCOO SOLICITA A CONVOCATORIA URXENTE DUNHA MESA SECTORIAL PARA ABORDAR A PROBLEMÁTICA DA ESAD DE CARA Á SÚA INTEGRACIÓN NO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR.
Debido a que no vindeiro curso 2010/2011 se dará a converxencia dos centros e das Ensinanzas Artísticas Superiores no Espazo Europeo CCOO demanda da Consellería a negociación dunha regulamentación ao respecto da súa organización xa que os centros estanse a regular en base a diferentes circulares e o ROC dos IES (máis información)
15 de octubre de 2009
CORPO DE CATEDRÁTICOS
CCOO DEMANDA DA CONSELLERÍA URXENCIA NO PAGAMENTO DOS ATRASOS AOS FUNCIONARIOS DE CARREIRA DO CORPO DE CATEDRÁTICOS
A Federación de Ensino de CCOO ven de demandar da Consellería a máxima axilización e prontitude no pago dos atrasos aos funcionarios de carreira dos Corpos de Catedráticos de Ensino Secundario, Catedráticos de Escolas oficiais de Idiomas e Catedráticos de Artes Plásticas e Deseño unha vez que se publicou a resolución definitiva do concurso no BOE do 5 de outubro do 2009 (máis información)
15 de octubre de 2009
PROFESORADO INTERINO E SUBSTITUTO
A INSPECCIÓN DE TRABALLO INHÍBESE NA CUESTIÓN DOS CONTRATOS DO PROFESORADO INTERINO E SUBSTITUTO LOGO DA XESTIÓN DE CCOO
As xestións realizadas por CCOO ante a Inspección de Traballo sobre o cobro dos meses de verán do profesorado substituto que traballou máis de cinco meses e medio durante o curso académico tivo como resultado a inhibición da mesma, trasladando esta cuestión ao INEM. CCOO demanda a solución inmediata dos problemas xurdidos entre a Consellería de Educación e a Inspección de Traballo. En ningún caso debe ser o traballador o que pague os erros cometidos pola Administración.
CCOO quere ratificar a validez da Addenda do 11 de xullo de 2006 pola que todos os docentes substitutos con máis de cinco meses e medio traballados cobran o verán. É consecuencia da sinatura de dita Addenda, por CCOO, ANPE e CSIF, o cobro dos dous meses. Durante moitos anos todas as OOSS tiñamos a mesma demanda pero esta non se fixo efectiva ata a sinatura do Acordo.
15 de octubre de 2009
UNIVERSIDADE
Meigas e Convenios Colectivos
Unha vez mais a distancia que nos separa de Madrid e o tempo que leva percorrela, convértese estrañamente nun problema para o Convenio Colectivo do PDI das Universidades Galegas. VER infórmaTE
6 de octubre de 2009
SEXENIOS
A FE-CCOO DEMANDA O PAGO INMEDIATO DOS SEXENIOS
A FE-CCOO insta á Consellería a resolver con urxencia o pago dos sexenios do profesorado nomeado desde o 1 de setembro de 2008 como funcionario de carreira.
Este profesorado accedeu á función pública na convocatoria de oposicións do ano 2007 e leva, polo tanto, un ano sen percibir a suba salarial nas súas nóminas que corresponden a sexenios. As circunstancias son persoais e así, hai funcionarios que acumulan ata 3 sexenios o que supón un incremento de 250 euros mensuais e de 3000 euros anuais.
A esta débeda da Administración súmase a situación dos nomeados funcionarios de carreira en setembro de 2009 (aprobados da oposición de 2008) que xa terían que percibir os sexenios na próxima nómina de outubro.
A Federación do Ensino de CCOO demanda o PAGO INMEDIATO dos sexenios.
6 de octubre de 2009
DÍA MUNDIAL DAS DOCENTES E DOS DOCENTES
Manifesto pola conmemoración do DÍA MUNDIAL DAS DOCENTES E DOS DOCENTES
6 de octubre de 2009
XORNADA MUNDIAL POLO TRABALLO DECENTE
Acude á manifestación do 7 de outubro en Santiago de Compostela ás 19:30 na Alameda

Ver Cartel                            Ver Tríptico

 

2 de octubre de 2009
CCOO MOBILÍZASE NO MINISTERIO PARA AXILIZAR O NOMEAMENTO DOS CATEDRÁTICOS.
Ver infórmaTE
2 de octubre de 2009
COMEDORES ESCOLARES
A CONSELLERÍA SEGUE A PREXUDICAR Ó ENSINO PÚBLICO
CCOO demanda por parte da administración educativa que se manteñan os prezos do curso anterior e que se pague como en anos anteriores polos días que se utilice o comedor. Ver infórmaTE.
2 de octubre de 2009
UNIVERSIDADE
A FEDERACIÓN DO ENSINO DE CCOO SOLICITOU UNHA REUNIÓN DA MESA SECTORIAL DE UNIVERSIDADES PARA TRATAR AS PAGAS EXTRAS DO PROFESORADO DE UNIVERSIDADE.
A FE-CCOO demanda a fin da discriminación do profesorado de universidade que segue sendo o único colectivo que non cobra conceptos análogos ós que xa está cobrando o profesorado de pública non universitaria, o persoal non docente das universidades e o resto de empregados públicos. Ver infórmaTE
2 de octubre de 2009
PACTO POLA EDUCACIÓN
A FE DE CCOO DEMANDA UN PACTO POLA EDUCACIÓN
Ante a reunión que celebrarán os dous principias partidos políticos, PSOE e PP, sobre o Pacto pola Educación, CCOO fai un chamamento ós partidos políticos para que realicen os esforzos precisos a fin de acadar un Pacto Político e Social pola Educación. Dende o sindicato demandamos que a Educación se converta nunca prioridade do Goberno e nunha cuestión de Estado. Ver infórmaTE
2 de octubre de 2009
ÁREA PÚBLICA
O GOBERNO DA XUNTA ACTÚA CON MANIFESTA IRRESPONSABILIDADE E QUERE APROVEITAR A SITUACIÓN DE CRISE PARA ARRUINAR OS SERVICIOS PÚBLICOS.
Ver infórmaTE
   
@ FEDERACIÓN DE ENSEÑANZA CC.OO. GALICIA | aviso legal | ancho óptimo 1000px