Hoxe, a FECCOO, convocamos unha rolda de prensa para expoñer as demandas máis urxentes neste inicio de curso.
Dende CCOO reclamamos que a Consellería de Educación retome a senda do diálogo e da negociación para evitar medidas unilaterais como as adoptadas durante o verán: circular sobres as EOI, reducción do investimento en formación do profesorado, rotura co modelo de gratuidade universal dos libros de texto, renovación dos concertos educativos a centros que segregan alumnado por razón de sexo, ...
Este diálogo debe estar enmarcado dentro dun Pacto pola Educación en Galicia.
A FECCOO AGRADECE A PARTICIPACIÓN MASIVA NA FOLGA DAS EOI
Dende a Federación de Ensino de CCOO queremos agradecer ó profesorado das EOI a súa unificada e masiva resposta á convocatoria de folga dos días 9 e 10 de setembro que reclamaba a retirada da Circular 5/2009 e a apertura de negociacións.
Máis de 500 persoas concentráronse o día 9 diante da Consellería de Educación e o día 10 nas distintas Delegacións provincias. A folga foi secundada por máis do 90% do profesorado das EOI galegas. Concretamente en Ferrol, Vigo, Santiago, Pontevedra e Ourense polo 100% do profesorado non realizándose ningunha proba de setembro nestas escolas.
CCOO seguirá loitando polos dereitos dos traballadores do ensino e non nos deteremos ata acadar a retirada da Circular 5/2009 que foi imposta pola Consellería sen negociación previa coas OOSS.
10 de septiembre de 2009
FUNCIONARIOS EN PRÁCTICAS
ASAMBLEAS INFORMATÍVAS PARA FUNCIONARIOS EN PRÁCTICAS