Novidades lexislativas no DOG e BOE do mes de Maio
31 de mayo de 2008
Negociada gracias ao ACORDO DO 30 DE ABRIL
Borrador definitivo da Orde que regula a implantación da XORNADA ÚNICA
A Federación do Ensino de CCOO de Galicia entende que os significativos avances que recolle a nova Orde do 29 de maio de 2008 resultan insuficientes dende o momento en que o transporte escolar segue a condicionar a súa aprobación. Para o curso 2008/2009, os centros poderán SOLICITAR NO MES DE XUÑO a implantación da xornada lectiva en sesión única de mañá ou unha xornada mixta.
A CIG tenta facer un uso partidista das Xuntas de Persoal Docente
MANIPULACIÓN DOS ÓRGANOS DE REPRESENTACIÓN DOS TRABALLADORES
Hoxe, 28 de maio, CCOO, xunto con ANPE, UGT e CSI-CSIF negámonos a participar nos plenarios das xuntas de persoal docente das provincias de A Coruña e Lugo ante a actitude prepotente e antidemocrática da CIG
ALEGACIÓNS aos borradores de currículos de ciclos formativos LOE
A dirección xeral de formación profesional abre un prazo ATA O 18 DE XUÑO para APORTAR CALQUERA SUXESTIÓN AOS BORRADORES. O articulado xeral será común a máis de 140 títulos polo que É MOI IMPORTANTE facer as alegacións agora
A Federación do Ensino de CCOO de Galicia esixe na Mesa Sectorial a XORNADA MATINAL NOS MESES DE XUÑO E SETEMBRO PARA TODOS OS CENTROS DE PRIMARIA DE GALICIA. Consultao no resumo da mesa.
A publicación dos últimos Reales Decretos que desenvolven o currículo dos novos títulos dos ciclos formativos de FP, adaptados ao Sistema Nacional de Cualificaciones Profesionais, supoñen modificacións que poden chegar a degradar a calidade e reducir o prestixio da FP do sistema educativo. Esta situación empeza a inquedar ao proforado da Formación Profesional
SORPRENDENTE CAMBIO DE ACTITUDE DA CONSELLARÍA DE EDUCACIÓN
A Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria acordou incrementar, logo do vivido no último Pleno do Consello Escolar de Galicia, unha hora máis a materia de Educación Física, que deste xeito pasa a ter 2 horas semanais en primeiro curso de bacharelato, e establecer a materia de Ciencias para o Mundo Contemporáneo en 2 horas semanais.
Trataranse os borradores de: Educación Básica para as Persoas Adultas (orde, currículo e anexos), programas de cualificación profesional inicial en Galicia, diversos borradores de Decreto de Técnicos superiores de FP (Educación Infantil, Cociña, Panadaría, Laboratorio...)