A autora do libro, Carmen Perona Mata, abogada de CCOO e con máis de vinte publicacións sobre a materia, analiza neste texto todos e cada un dos artigos da Lei 7/2007, do Estatuto Básico do Empregado Público, con xurisprudencia e doctrina aplicable ao efecto. A presentación será o XOVES 27 DE MARZO na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela (Rúa Nova 16) ás 18:00 O LIBRO ESTÁ A DISPOSICIÓN DE TODAS/OS NOS LOCAIS DE CCOO.
14 de marzo de 2008
preme na imaxe
ENSINO PRIVADO CONCERTADO
CCOO asina un acordo que mellora as condicións laborais das traballadoras/es
O acordo asinado supón unha innegable mellora nas condicións laborais das compañeiras e compañeiros do ensino privado concertado.
O Día da Clase Obreira Galega celébrase cada 10 de marzo desde que ese mesmo día de 1972 a policía franquista asasinara en Ferrol os militantes de CCOO Amador Rey e Daniel Niebla, que se manifestaban reclamando as liberdades democráticas, o autogoberno para Galicia e o asinamento dun convenio colectivo na súa empresa (Bazán), co obxectivo de mellorar as condicións de traballo e a calidade de vida dos traballadores e traballadoras. A importancia deste día fixo que o Parlamento galego, a pedimento do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia, aprobara por unanimidade o 5 de marzo de 1997 unha declaración institucional sobre o 10 de Marzo na que se recoñecía o significado histórico desta data. No ano 2006 declarouse oficialmente o 10 de Marzo como o Día da Clase Obreira Galega.
10 de marzo de 2008
Recurso 537/2007 fronte a Orde do 3 de agosto da lista dos opositores aprobados
9 días para persoarse a contar dende o 7 de marzo (data de publicación no DOG)
ASEMBLEAS INFORMATIVAS
A CORUÑA
SANTIAGO
martes 11 de marzo
19’00
Avda. Alfonso Molina, Km 2 - 5º
martes 11 de marzo
18’30
IES Fontiñas na Rúa Estocolmo 5
FERROL
LUGO
martes 11 de marzo
18’30
Rúa María, 42/44 - 3º Andar
martes 11 de marzo
18’00
Rolda da muralla 58 - 5º Andar
OURENSE
VIGO
martes 11 de marzo
18’30
Parque San Lázaro, 12 - 3º
mércores 12 de marzo
18’30
Rúa das Teixugueiras, 11
PONTEVEDRA
xoves 13 de marzo
18’30
Rúa Pasantería, 1- 2º Andar
29 de febrero de 2008
preme na imaxe
8 de marzo 2008. Día Internacional da muller
Agora igualdade real
A Federación do Ensino de CCOO de Galicia reitera e reforza o seu compromiso e responsabilidade co avance das políticas de igualdade e fai un chamamento aos partidos políticos que concorren ás eleccións lexislativas a promoveren accións para facer efectiva a igualdade real de mulleres e homes nos distintos ámbitos da vida social, laboral, política e económica
29 de febrero de 2008
Información de prazas nos CONSERVATORIOS SUPERIORES DE MÚSICA