Fora do articulado presentado pola administración CCOO propuxo 1 ano sabático retribuido na vida laboral, regulación de 1 ano de licenza cada 5, e regulación da redución de xornada para maiores de 55.
CCOO asina hoxe o acordo para o pago das itinerancias
ACORDO PARA O PAGO DAS ITINERANCIAS
O acordo recolle moitas das propostas de CCOO ao longo do proceso negociador como a necesidade do pagamento das itinerancias con efecto retroactivo dende o mes de Setembro de 2007, a consideración dos CRA, os orientadores e os desprazamentos dentro da localidade valorando para elo a rede de centros da Consellería. A Federación do Ensino, sempre na busca da unidade sindical, felicítase do acordo unitario das OO.SS. no recoñecemento desta reivindicación de CCOO.
CCOO denuncia a parálise da administración educativa durante cerca de 2 meses na actividade negociadora na Mesa Sectorial. Parece que agora hai moita presa por sacar adiante unha cantidade inxente de borradores de forma súbita. A Consellería de Educación pretende que na Mesa convocada para o mércores se discutan 13 borradores. Parabéns á Consellería por darse conta ?a tempo? da urxencia de negociar certos temas
Polémicas estériles e debates vacúos que en nada axudan ao funcionamento do Observatorio Galego de Convivencia. Observatorio creado como consecuencia directa do Acordo básico laboral do 20 de Outubro de 2005 (tal como recolle no seu apartado 2), e do "Plan para la promoción y mejora de la convivencia escolar" asinados por CCOO (primeiro sindicato no estado en numero de delegados e afiliados) e outras organizacións entre as que non se atopaba a CIG.
infórmate aquí
Do «Gaudeamus igitur» ao «Venceremos nos»
As mobilizacións estudantís do 68 en Compostela
O 28 de febreiro de 2008, ás 19.30 no compostelán Pazo de Fonseca, inaugúrase a mostrado «Gaudeamus igitur» ao «Venceremos nos»: as mobilizacións estudantís do 68 en Compostela, que permanecerá aberta ata o 27 de marzo de 2008.Trátase dunha mostra producida pola Fundación 10 de Marzo, que conta coa colaboración das tres universidades galegas (Universidade de Santiago de Compostela, Universidade da Coruña e Universidade de Vigo), da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria e mais da Consellaría de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia así como da Obra Social de Caixa Galicia
Reunión de negociación para a revisión salarial do convenio de ensino concertado