Comisiones Obreras - Federación de Ensino de Galicia

Comisiones Obreras - Federación de Ensino de Galicia
FOLGA
Afíliate a CCOO
  • Para que a dirección da túa empresa e as organizacións empresariais non impoñan os seus intereses e decisións.
  • Para que as administracións públicas teñan en conta as nosas demandas. Porque xuntos, si podemos.
  • CCOO debe a súa independencia e a súa forza aos afiliados e afiliadas. O voso apoio garante a nosa representatividade e a nosa capacidade de reivindicación e proposta.
  • CCOO é imprescindible nas empresas para axudarche a resolver os teus problemas e para que se cumpran os convenios colectivos e o dereito laboral.
  • CCOO é necesario para conseguir mellores condicións de traballo, mellores salarios, novos dereitos, a través da negociación dos convenios colectivos, da relación permanente cos empresarios e da interlocución coas administracións central e autonómica.
  • A forza de CCOO é unha garantía para que se manteña e mellore o sistema de protección social: as pensións, a protección por desemprego, a protección ás persoas con dependencias.
  • CCOO conta cos mellores servizos de asesoramento sindical, xurídico e técnico que pon ao teu dispor como afiliado e afiliada.
  • CCOO proporciónache información sobre a situación económica e laboral, e das posibles alternativas sindicais.
  • CCOO axúdache para que teñas acceso á formación profesional, decisiva para encontrar ou mellorar o emprego.
  • Como afiliado ou afiliada, CCOO pon ao teu dispor diversos servizos en ámbitos como a vivenda, os seguros, os fondos de pensións, tempo libre.
  • A cota sindical* é deducible na declaración da renda. Ademais, coa cota tes dereito a un seguro de vida en caso de accidente.
  • CCOO é o primeiro sindicato en afiliación, representatividade e presenza nas empresas.

* Cotas mensuais vixentes:

Cota xeral: 11,10 euros. De aplicación para persoas con retribucións superiores a 8.400 euros brutos anuais.

Cota especial: 6,70 euros. De aplicación para persoas que teñan retribucións inferiores a 8.400 euros brutos anuais; e para xubilados/as ou pensionistas que perciban prestacións superiores á devandita renda.

Cota reducida: 5,50 euros. De aplicación para parados/as, estudantes e mozos/as sen prestación nin subsidio; e para xubilados/as e pensionistas que perciban prestacións ou subsidios inferiores a 8.400 euros brutos anuais.

CCOO te informa, te asesora, te apoya, te protege. Afíliate.
Acceso a la zona de afiliación