9 de FEBREIRO de 2010
 
Menu
   

Enlaces  
 
 

CC.OO. web  
 
 



Área Privada  
   

Buscador
N O V A S


5 de febrero de 2010
MESA SECTORIAL
CONVOCATORIA DE MESA SECTORIAL PARA O 10 DE FEBREIRO DE 2010

ORDE DO DÍA

 

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión celebrada o día 18 de decembro

 

2. Oferta pública de emprego 2010

 

3. Convocatoria concurso oposición ao corpo de Inspectores de Educación

 

4. Orde  pola que se convoca concurso de méritos para a selección e nomeamento da dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na LOE.

 VER BORRADOR DA ORDE    VER PRAZAS

 

5. Orde pola que se convocan axudas económicas para compensar gastos derivados dos accidentes de tráfico de persoal en función docente ou inspectora. 

 VER BORRADOR DA ORDE 

 

6. Rogos e preguntas.

5 de febrero de 2010
CCOO REXEITA POR COMPLETO A REFORMA DO SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS

CCOO define a proposta de atraso obrigatorio da idade legal de xubilación ata 67 anos como unha medida innecesaria e desproporcionada.

Ao noso xuízo débense e é perfectamente posible, en primeiro lugar, activar fórmulas para incrementar os ingresos e, en segundo lugar, pódese seguir aproximando a idade media real de xubilación aos 65 anos, afondando nas medidas de incentivo e promoción existentes.

Ver Gaceta Sindical Especial

 

No ámbito da docencia, CCOO ten en marcha unha campaña de recollida de sinaturas pola prórroga das xubilacións LOE. Xubilacións voluntarias, anticipadas e gratificadas que ademais de ser unha necesidades de xustiza, favorecen a renovación do corpo docente incrementando as ofertas de prazas nos procesos selectivos.

Ver Manifesto CCOO-ENSINO

5 de febrero de 2010
PERSOAL LABORAL UNIVERSIDADE
CCOO CONSEGUE SENTENZA FAVORABLE POR CESIÓN ILEGAL DE MAN DE OBRA NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA
CCOO denunciou o despedimento dunha traballadora que levaba máis de 10 anos desenvolvendo as súas tarefas na Universidade da Coruña. A sentenza unha vez celebrado o xuízo sae favorable á traballadora e estima integramente a demanda interposta, ademais recolle a declaración da existencia de cesión ilegal de man de obra e así mesmo declara tamén improcedente o despedimento, condenando conxuntamente e solidariamente ás demandadas: UDC e Fundación da Universidade. Ver infórmaTE
3 de febrero de 2010
PERSOAL LABORAL
SENTENZA V CONVENIO ÚNICO
Ante as acusacións que por parte dalgunha organización se están a difundir, CCOO-Ensino quere tranquilizar ao persoal laboral asegurando que non hai ningún problema para continuar cos procesos iniciados, tanto de concurso como de consolidación. Pero, eso sí, teñen que negociarse nos ámbitos axeitados e garantindo o dereito de concorrencia de todas as organizacións legalmente lexitimadas. Ver "infórmaTE"
27 de enero de 2010
PACTO POLA EDUCACIÓN
CC.OO. ESIXE AO PSOE E AO PP A NECESIDADE URXENTE DE ACADAR UN PACTO EDUCATIVO PARA SAÍR DA CRISE ECONÓMICA

O 27 de xaneiro o ministro de Educación, Ángel Gabilondo, presentou o documento de Propostas para un Pacto Social e Político pola Educación ante a Conferencia Sectorial de Educación na que están presentes os conselleiros de Educación de todas as Comunidades Autónomas.

Non é un texto clausurado, senón que pretende ser un espazo de referencia para definir o necesario debate.

VER CADERNO DE CCO SOBRE O PACTO POLA EDUCACIÓN.

VER DIPTICO DE CCOO SOBRE O PACTO POLA EDUCACIÓN

VER DOCUMENTO DE PROPOSTAS PRESENTADO POLO MINISTERIO DE EDUCACIÓN.

FORO DE DEBATE DE TVE SOBRE A OPINIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA

25 de enero de 2010
UNIVERSIDADE
ESTANNOS BAIXANDO O SOLDO!
CCOO denuncia a falta de pagamento de complementos autonómicos e a falta de pagamento do 100% do complemento específico ao seu profesorado nas tres universidades galegas, e anuncia unha campaña de reclamacións. Ver "infórmaTE"
21 de enero de 2010
GALEGO
CAMBIO NA POSTURA DA CONSELLERÍA! XA!

CCOO-Ensino valora un rotundo éxito a folga no ensino de hoxe 21 de xaneiro e tamén a multitudinaria manifestación que percorreu as rúas de Santiago dende a Alameda ata a praza do Obradoiro.

Esiximos á Consellería que tome nota dos datos obxectivos que amosaron os centros educativos (máis dun 80% de participación) e, de xeito inmediato, dé un paso cara a apertura real da vía do diálogo. O respeto ao 50% das materias en lingua galega ten que ser a base da que partir na búsqueda dun amplo consenso co resto de forzas parlamentarias, axentes sociais e comunidade galega en xeral.

Agradecemos a todo o profesorado que, unha vez esgotadas as vías de negociación, entendeu que era imprescindible a unidade na folga en contra das bases do Decreto de plurilingüismo presentadas pola Consellería. Seguiremos traballando, desde a autonomía sindical e a credibilidade negociadora que amosamos e reafirmamos día a día, na defensa da lingua galega no ensino.

20 de enero de 2010
ENSINO PRIVADO
GALEGO PATRIMONIO DE TODAS E TODOS, DO ENSINO PRIVADO TAMÉN
Diante da indiferenza co ensino privado dos convocantes da folga do día 21 (CIG e STEG) queremos deixar patente a nosa voz e posición respecto da proposta de bases para a elaboración do Decreto de ensino plurilingüe presentada o día 30 de decembro. Lamentamos non poder ir á folga e á manifestación do 21 en SANTIAGO, porque nós tamén rexeitamos as bases do novo Decreto.
20 de enero de 2010
GALEGO
OS CONVOCANTES (CIG, STEG) DESPREZAN O PERSOAL NON DOCENTE NA CONVOCATORIA DE FOLGA DO 21 DE XANEIRO NA DEFENSA DO GALEGO.
Ver "infórmaTE"
20 de enero de 2010
ENSINO PRIVADO
FOLGA 21 XANEIRO 2010
CCOO Súmase á convocatoria de folga para o Ensino Público do día 21 de xaneiro. Dicimos ensino público porque, tanto CIG como STEG, só convocaron no seu momento a este sector, deixando fóra da convocatoria aos máis dos sectores que conformamos o ensino: a universidade, o persoal laboral, as escolas infantís privadas e públicas, tanto da Xunta como do Consorcio, os centros de Educación e Asistencia para persoas con discapacidade é os traballadores e traballadoras do ensino Privado e Privado Concertado.
ASISTENCIA Á FOLGA SEN COBERTURA
POSTURA CCOO DIANTE DA FOLGA
19 de enero de 2010
GALEGO
CCOO-ENSINO, EN RESPOSTA AO CORREO QUE O CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN ENVIOU AO PROFESORADO, QUERE REAFIRMAR O SEGUINTE:

A Consellería non pode presumir de que o documento se presentou co obxectivo de propiciar o máximo consenso cando fai caso omiso das críticas que se fan dende o resto de partidos políticos, axentes sociais e organización sindicais, a Real Academia Galega, etc.

Desde a publicación do mesmo e, a través de declaracións á prensa, mantivéronse na liña de defensa do contidos das bases sen abrir vías de diálogo e sen formalizar un calendario de negociacións a pesares de que CCOO-Ensino procuramos esgotar todas as posibilidades de negociación antes de apoiar mobilizacións.

Non pode afirmar que garante o equilibrio entre as linguas oficiais cando o galego, ao estar en situación de desventaxa recoñecida por estudos sociolingüísticos, debe ser promocionado con actuacións de discriminación positiva.

Non pode apostar por un plurilingüismo efectivo partindo da introducción dunha lingua estranxeira como terceira lingua vehicular en pe de igualdade coas dúas linguas oficias de Galicia. Esto constitúe un elemento distorsionador do debate lingüístico, ademais de ser inviable.

Non pode potenciar a participación das familias en decisións que lle competen á Administración educativa dentro das súas responsabilidades no fomento da normalización lingüística.

 

CCOO-Ensino chama a todo o profesorado a participar na folga do 21 de xaneiro. POLO GALEGO NO ENSINO, O GALEGO É PATRIMONIO DE TODOS E TODAS!

16 de enero de 2010
GALEGO
CCOO-ENSINO SECUNDARÁ A FOLGA DO 21 DE XANEIRO

Ante as bases presentadas pola Consellería de Educación, ante a súa actitude de non establecer un calendario oficial de negociacións, diante da imposibilidade de inducir posturas que conduzan cara a un encontro para procurar saídas a situación creada e tras esgotar todas as vías de diálogo, CCOO-ENSINO secundará a folga do 21 de xaneiro.

       VER MANIFESTO           VER CONVOCATORIA FOLGA       VER "infórmaTE"

14 de enero de 2010
GALEGO
CCOO-ENSINO SEGUE A TRABALLAR POLA DEFENSA DO GALEGO NO ENSINO
Ver "infórmaTE"
13 de enero de 2010
EDUCACIÓN ESPECIAL
NEGOCIACIÓN DO XIII CONVENIO
A Comisión Negociadora do XIII Convenio Colectivo Xeral de Centros e Servizos de Atención a Persoas con Discapacidade na reunión de decembro do 2009 produciu substanciosos avances na negociación do Convenio.
20 de enero de 2010
FORMACIÓN
CCOO-ENSINO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN NAS XORNADAS DE OURENSE

As xornadas están organizadas dentro do Plan AFCAP polo que é imprescindible ter traballado no ámbito público no ano 2010. O prazo de inscrición remata o 1 de febreiro.

Os participantes deberán entregar o primeiro día do curso unha fotocopia do DNI e da nómina de xaneiro de 2010. Se non dispoñen da nómina ao longo da primeira semana de febreiro é obrigatoria achegala a algún dos locais de CCOO en Galicia-

INSCRIPCIÓN                          PROGRAMA

12 de enero de 2010
GALEGO
A CONSELLERÍA RESPONDE A ESIXENCIA PRANTEXADA POR CCOO-ENSINO E PRESENTA UN CALENDARIO DE NEGOCIACIÓNS SOBRE O DECRETO DO GALEGO
Ver "infórmaTE"
8 de enero de 2010
GALEGO
CCOO RECLAMA A PRESENTACIÓN URXENTE DUN CALENDARIO DE NEGOCIACIÓNS SOBRE O DECRETO DE GALEGO, DO CONTRARIO ESTUDARÍA MEDIDAS MOBILIZADORAS

CCOO considera que xa pasou tempo suficiente desde que o texto chegou a mans da sociedade galega para que xa sexa hora de que teña que estar enriba da mesa un calendario de negociación preciso e detallado.
CCOO insiste en que de non percibir vontade de diálogo e de non encontrar receptividade ás súas propostas razoables e lóxicas tanto para a organización dos centros como para cumprir o mandato da LEI DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA no referente á necesaria promoción e discriminación positiva do galego, sobre todo naquelas zonas nas que o seu uso encóntrase en retroceso, VERÍASE ABOCADA Á CONVOCATORIA DE MOBILIZACIÓNS.


VER NOTA DE PRENSA

 

31 de diciembre de 2009
GALEGO
CCOO RECLAMA NEGOCIACIÓN E CONSENSO REAIS ANTES DE MODIFICAR CALQUERA NORMA LEGAL SOBRE O USO DO GALEGO NO ENSINO

CCOO-Ensino non renunciará a participar en ningún foro de negociación no que se debata ou negocie o futuro do galego no sistema educativo.

Diante da presentación dun novo borrador de Decreto, CCOO quere manifestar ante da opinión pública que será extremadamente belixerante para garantir que ao remate do período de ensino obrigatorio, as competencias do alumnado galego sexan reais en calquera das dúas linguas oficiais de Galicia, procurando que o  tratamento e a intensidade do uso de cada unha delas  sexa a axeitada en función do medio lingüístico no que se desenvolve o proceso de aprendizaxe

VER NOTA DE PRENSA                 VER BORRADOR NOVO DECRETO GALEGO

22 de diciembre de 2009
PERSOAL NON DOCENTE
DECRETO 37/2006: LISTAS CONTRATACIÓN XUNTA DE GALICIA. CAMBIO DE ÁMBITOS
Ver TE
21 de diciembre de 2009
DOCENTES PÚBLICA
CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE SINATURAS POLA PRÓRROGA DAS XUBILACIÓNS LOE

O actual sistema de xubilacións voluntarias, anticipadas e incentivadas procede da LOXSE e vén funcionando desde o ano 1991 cando CCOO asina en solitario co Ministerio. Aínda que a súa vixencia inicial era ata 1996, o sistema foi prorrogado en 1995 e 2001, e coa LOE ata o 31 de agosto de 2011.

Agora, desde CCOO entendemos que xa chegou o momento de iniciar unha campaña para a súa prórroga. Por todo isto, solicitamos dos Claustros que, coas súas sinaturas, manifesten a necesidade de prorrogar o actual réxime de xubilacións voluntarias e esixan o  inicio do proceso legal para isto.

Podedes facérnolo chegar entregándollo en man a calquera delegado/a sindical, levándoo ou enviándoo por correo ou FAX aos nosos locais.

Ver Manifesto pola prórroga das xubilacións LOE

21 de diciembre de 2009
INTERINOS E SUBSTITUTOS
PRÓRROGA DOS TEMARIOS VIXENTES ATA O 1 DE XANEIRO DE 2012
No BOE do 21 de decembro de 2009 recóllese que nos procedementos de ingreso, accesos e adquisición de novas especialidades aos corpos docentes establecidos na LOE (exceptuando o Corpo de Inspectores de Educación) que se realicen con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2012, serán de aplicación os temarios vixentes que corresponden a cada corpo e especialidade.
21 de diciembre de 2009
EDUCACIÓN INFANTIL
V Reunión Negociación XI Convenio de Educación Infantil
O 18 de decembro de 2009 celebrouse a 5ª reunión da Comisión Negociadora do XI Convenio Colectivo de Centros de Asistencia e Educación Infantil
18 de diciembre de 2009
MESA SECTORIAL DO 18 DE DECEMBRO DE 2009

1 Aprobación, se procede, da acta da sesión celebrada o día 24 de novembro

 

2 Orde pola que se convocan actividades formativas de inglés, francés, alemán, e portugués para o ano 2010 no estranxeiro, destinadas a profesorado que imparte docencia en niveis non universitarios e se aproban as súas bases de concesión

 

3 Orde pola que se convocan licenzas por estudos para o curso 2010-2011 destinadas a funcionarios docentes non universitarios e se aproban as súas bases de concesión

 

4 Orde para acreditación de centros e titores do practicum do máster

 

5 Rogos e preguntas.

17 de diciembre de 2009
EDUCACIÓN INFANTIL
4ª Reunión Negociación XI Convenio de Educación Infantil
O 9 de decembro de 2009 celebrouse a cuarta reunión da Comisión Negociadora do Convenio de Educación Infantil.
15 de diciembre de 2009
A FEDERACIÓN DE ENSINO DE CCOO DEMANDA DA CONSELLERÍA CELERIDADE NA NEGOCIACIÓN DO PRÁCTICUM
CCOO leva tempo demandando a negociación das condicións en que se impartirá por parte do profesorado estas ensinanzas. O venres 18 de decembro será negociado en Mesa Sectorial a Orde pola que se regula a convocatoria e o procedemento para a selección de profesorado e centros de prácticas.
CCOO demandará que o profesorado que imparta estas ensinanzas sexa remunerado de acordo ao custe das matrículas das mesmas así como sexa considerado como mérito a participación nestes programas.                           (Borrador para Alegacións).
15 de diciembre de 2009
SAÚDE LABORAL
XUNTANZA COMISIÓN SEGUIMENTO ACORDO PREVENCIÓN RISCOS LABORAIS NA XUNTA
Na xuntanza da Comisión de seguimento do Acordo de Prevención de Riscos Laborais, adaptouse o anexo relativo aos comités da consellería do ámbito de Función Pública ao novo Goberno Autonómico. Nesta xuntanza estaban presentes responsables dos tres ámbitos da Administración Autonómica: Función Pública/Xustiza, Educación e SERGAS, xunto cos representantes dos sindicatos asonantes deste acordo: CCOO, UGT e CSI-CSIF. (Ver InfórmaTE)
15 de diciembre de 2009
OPOSICIÓNS SECUNDARIA
CCOO-ENSINO VALORA POSITIVAMENTE A CONVOCATORIA DE OPOSICIÓNS EN SECUNDARIA

Hoxe o conselleiro de educación, na entrevista dixital que ofreceu na web do periódico La Voz de Galicia, asegurou que no 2010 convocaranse oposicións para secundaria. O extracto literal da pregunta e da resposta é o seguinte:

·          Bo día, gustaríame saber se haberá convocatoria de oposicións para secundaria en 2010 e, no seu caso, cando coñeceremos a oferta por especialidades. Un saúdo.

·          "Si, estamos a traballar en que especialidades e no número de prazas que se convocan para cada unha das especialidades. "

 

CCOO-Ensino congratúlase deste anuncio e lembramos que fomos o único sindicato que na mesa sectorial na que se falou das oposicións do 2009, pedimos a convocatoria das de secundaria. Aproveitamos para instar a consellería a que se convoquen tamén as oposicións de primaria xa que o número de xubilacións que se producirán xa pode conlevar unha oferta no corpo de mestres.

15 de diciembre de 2009
ENSINO CONCERTADO
Reunión CTEPC 14 decembro 2009
A Consellería de Educación, despois da denuncia que CCOO fixemos contra a ruptura unilateral dos acordos que temos subscritos na Concertada, presenta na CTEPC unha proposta para un Acordo Conxunto sobre os tres temas: Recolocación, Paga de Antigüidade e Homologación. CCOO valoramos positivamente este cambio de actitude da Consellería pero sabemos que non cumpre coas espectativas dos traballadores e traballadoras da Concertada
Proposta Consellería 14 decembro 2009
14 de diciembre de 2009
DOCENTES PÚBLICA
CONVOCATORIA CONCURSOS DE MÉRITOS DO EXTERIOR
No BOE do 5 de decembro publícanse as convocatorias dos concursos de méritos do exterior. O prazo de presentación de instancias é de 15 días hábiles desde o seguinte da publicación da convocatoria: do 6 ao 24 de decembro.

Orde EDU/3284/2009, de 27 de novembro (Persoal Docente)

Orde EDU/3283/2009, de 27 de novembro (Asesores Técnicos)

10 de diciembre de 2009
FONDO DE ACCIÓN SOCIAL
RESOLUCIÓN DEFINITIVA DO FAS 2008

 

 

Hoxe publícase no DOG a resolución definitiva do FAS 2008. As listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas do Fondo de Acción Social do exercicio 2008 están publicadas na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública: http://www.xunta.es/dxfp/fas.htm

Os solicitantes deberán introducir nos espazos habilitados para o efecto o NIF e mais o código da impresión da súa solicitude.

 

1 de diciembre de 2009
RETRIBUCIÓNS DOCENTES PÚBLICA
EN DECEMBRO PAGA EXTRA COMPLETA: SALARIO DOBRE
CC.OO. conseguiu con este acordo unha reivindicación histórica: AS PAGAS EXTRAS COMPLETAS

En decembro cobraremos a paga extra exactamente igual ao salario mensual. Salario dobre. Como consecuencia do Acordo MAP (2006) asinado coas organizacións sindicais CC.OO., UGT e CSIF, trasladouse á Galicia o 1% da masa salarial dos empregados públicos. O obxectivo era o de incluír nas pagas extras o 100% da totalidade do complemento específico en 3 anos; no caso dos docentes esa totalidade incluíu os sexenios e todos os complementos por desempeño de cargos.

Ver "infórmaTE"

   
@ FEDERACIÓN DE ENSEÑANZA CC.OO. GALICIA | aviso legal | ancho óptimo 1000px